Ir o contido principal
iniciar sesión

A zona vella da cidade das Burgas prepara máis de 700 cabazas para festexar o Samaín

“O Samaín celébrase hai milleiros de anos en todo o territorio celta a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro con motivo do peche da tempada de colleitas e a chegada do inverno”, lembraba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias. “Moitos coinciden en sinalalo coma a orixe das tradicións asociadas aos mortos, da que se derivan, entre outras, o Halloween anglosaxón, porque a tradición é a mesma: espantar os malos espíritos nas noites de transición entre o verán e o inverno”, dixo. Este 2015, e debido ao éxito de pasadas edicións, a Concellería ampliou significativamente o número de actividades.

Ás 12:00 horas haberá unha sesión de contacontos na praza de San Cosmede e Damián, e dende as 17:00 horas organízanse diferentes obradoiros nas prazas de Saco e Arce, praza da Imprenta e praza de Manuel Sueiro. A partir das 19:30 horas haberá un desfile de cabazas co seguinte percorrido: praza de Saco e Arce, praza Maior, rúa da Liberdade, praza de San Marcial, Hernán Cortés, praza das Damas e praza Maior, onde se celebrará a fin de festa.

Na rolda de prensa presentouse tamén o cartel para esta edición, obra do artista Moncho Barazeiro, elixido de entre as propostas presentadas a concurso.

PROGRAMACIÓN SAMAÍN 2015

12.00 h Contacontos de Servando Barreiros
Lugar: Praza San Cosme e San Damián
Organiza: A Galleira

17.00 h Taller de Baleirado de cabazas
Lugar: Praza Saco e Arce

17.30 h Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos e cativas a orixe do Samaín
Lugar: Praza da Imprenta
Duración: pases de 15 min

17.30 h Obradoiro “ O bosque dos Druídas”
Os druídas cumprían un papel importante no Samaín xa que realizaban as pócemas de purificación e ritos para protexer a aldea. Os participantes realizarán saquiños con herbas recollidas polos druídas
Lugar: Praza Manuel Sueiro

17.30 h Obradoiro: “Os fachóns do Samaín”
Outra das tradicións celtas era facer una fogueira onde os habitantes da aldea queimaban ofrendas. Realizaranse fachóns que os participantes levarán no desfile
Lugar: Praza Manuel Sueiro

17.30 h Taller de maquillaxe
Lugar: Praza Manuel Sueiro

17.30 h Obradoiro de enfeltrado de figuras de Samaín
Lugar: Praza Manuel Sueiro

19.30 h Desfile de Cabazas
Percorrido: Praza Saco e Arce, Praza Maior, rúa Liberdade, praza San Marcial, Hernán Cortes, praza das Damas e praza Maior

Ao rematar baile e festa na Praza Maior.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense