Ir o contido principal
iniciar sesión

A película do catalán Geoffrey Cowper, Tercer Grado, clausura o Festival de Cine Internacional OUFF

Tercer grado, ópera prima do actor e realizador catalán Geoffrey Cowper será a película que se exhiba na cerimonia de clausura da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que terá lugar o día 21 de novembro ás 20,30 horas. A película, que está obtendo gran aceptación, será estrea en Galicia, e está protagonizada por Jesús Lloveras, tamén coprodutor do filme co propio Cowper, Frank Feys, e a ourensá Sara Casasnovas.

O director da película vén de vivir intensamente a experiencia norteamericana de presentación da súa primeira longametraxe en certames cinematográficos coma o de Santiago, Santa Bárbara e, días atrás, no Festival de Cine Latino de Chicago. A experiencia, compartida con Jesús Lloveras, foi sobre rodas: no camiño realizaron unha road movie que pensan engadir ao traballo en DVD.

Tercer grado é unha película independente, é un thriller inspirado nunha historia real que o director presenciou hai dez anos durante un atraco con vítimas. Con Jesús Lloveras e Frank Feys, comparte protagonismo a actriz ourensá Sara Casasnovas, ben coñecida dos espectadores, pois conta cunha dilatada e exitosa traxectoria profesional.

A ourensá comenzou a súa carreira participando en distintas series, curtametraxes e teatro en Galicia. Máis tarde deu o salto a nivel estatal, onde destacou como protagonista da terceira temporada de “Amar en tiempos revueltos”, de TVE, interpretando o personaxe de Alicia Peña. Con este mesmo personaxe participou no especial “¿Quién mató a Hipólito Roldán?” (2009). En agosto de 2010 presentou o papel protagonista na obra “Electra”, de Benito Pérez Galdós, no Teatro Romano de Mérida. En 2013 participa en “Amar es para siempre” recuperando o personaxe de Alicia Peña. Sara Casasnovas foi, así mesmo, xurado do Festival de Cine de Ourense na súa 15ª edición.

Palmarés

“Tercer Grado” conta xa con varios premios no seu haber. Participou no Festival Santa Barbara International Film Festival (2015), en Santa Barbara, Estados Unidos, do 31 ao 15 de xaneiro, onde obtivo o premio “Runner-up spanish/latinamerican competition” (4th screening granted); San Diego Latino Film Festival, no Chicago Latino Film Festival, e tamén no Maryland International Film, Chicago Latino Film Festival, Independent Film Festival Boston, Shanghai International Film Festival, no Macon International FilmFestival, onde gañou o premio Best Feature Film, Exellence in Directing Award. Tamén estivo no Long Island International Film Expo de Bellmore (Estados Unidos), onde igualmente foi laureada co Best Lead Actor, Best Foreign Feature.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense