Ir o contido principal
iniciar sesión

La Cidade da Cultura de Galicia programa cine al aire libre en el ciclo Atardeceres no Gaiás

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O cine ao aire libre chega por primeira vez á praza central da Cidade da Cultura da man de Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos e cine ao aire libre co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lle pon banda sonora aos solpores do verán.

Como novidade na edición deste ano, a Cidade da Cultura proxectará mañá, 14 de xullo, ‘Taking Woodstock’, filme dirixido por Ang Lee. A praza central converterase durante 120 minutos nun cine ao aire libre no que gozar das peripecias de Elliot Tiber, protagonista desta versión libre do nacemento do festival máis famoso da historia. Previamente, a partir das 21:00 horas, o público poderá gozar cunha sesión musical temática relacionada coa película a cargo de DJ Bigote Mix.

Tras a sesión de cine, ‘Atardecer no Gaiás’ volve á música o venres, 15 de xullo, coa actuación da banda galega Bifannah.

Bifannah son o resultado de mesturar a cadencia dos 60's, moody garage e a tropicalia do séxulo XXI. Formada por Antía Figueiras, Guille V. Zapata e Antón Martínez (ex membros de Wild Balbina, Mvnich ou Avispa), Bifannah nace a medio camiño entre UK, Barcelona e Galicia na primavera de 2015. A banda ofrece melodías extremadamente namoradeiras, amparadas na psicodelia e o garage dos setenta dun modo etéreo e atmosférico. Cancións reflexo da súa querenza polo jazz, o fuzz e a psicodelia partindo da lusofonía atlántica.

A última das actuacións desta semana terá lugar o sábado, 16 de xullo, cando se suba ao escenario Selvática. A enerxía e a vitalidade de Brasil converxen a perfección en Selvática, o dúo formado por Manu e Paula (ex Indómitos) que axuntan na súa música o pop con ecos do post-punk, guitarras surfeiras e, por suposto, matices tropicais e ritmos acelerados.

Todas as sesións de ‘Atardecer no Gaiás’ teñen lugar ás 21:00 horas na praza central. A entrada é libre e de balde.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.