Ir o contido principal
iniciar sesión

Un debate sobre la experimentación con animales reabre el programa Regueifas de Ciencia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

Logo de debater sobre os transxénicos e o cambio de fuso horario, as Regueifas de Ciencia volven á USC para discutir nesta ocasión se está xustificado o uso de animais en experimentación científica. Será o mércores 21 de setembro ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación cando os catro especialistas confronten as súas posturas.

‘Regueifas de Ciencia’ é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola FECYT que consiste en diversos debates tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometrados, estrutura por bloques…) sobre cuestións polémicas baseadas na ciencia.

O equipo a favor da experimentación animal compóñeno o filósofo Fernando Savater e Emma Martínez-Sánchez, da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA). Os detractores serán o filósofo e profesor da USC Óscar Horta e o avogado e membro do comité científico do Centro para a Ética Animal da Universidade Pompeu Fabra, Eze Paez.

Posturas enfrontadas

No debate do mércores atoparanse dúas posturas fortemente enfrontadas. Por unha banda, a da comunidade científica que defende estas prácticas á vista da multitude de controis e normativas para garantir que se utilicen animais só naqueles casos nos que non hai alternativas. Argumentan que non se pode facer ciencia sen eles, polo menos mentres os ordenadores non sexan capaces de mimetizar a complexidade dun organismo.

Por outra parte, os detractores deste sistema pregúntanse ata qué punto é lícito ou eticamente aceptable levar a cabo experimentos con animais ou se compensa o seu sufrimento a cambio do beneficio humano. Poñen en dúbida certos experimentos como a inoculación de virus, descargas eléctricas, privación de comida, intoxicacións ou aplicación de substancias irritantes nos ollos e na pel.

Todos participan

Ademais de dar a coñecer os argumentos das distintas posicións ao redor dun tema, os debates cumpren unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa del. De feito, para comprobar a efectividade desta clase de accións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate.

O equipo que organiza estes debates, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo da regueifa animando a un debate previo a través das súas contas en Facebook (http://www.facebook.com/regueifas) e Twitter (@regueifaciencia).
R.