Ir o contido principal
iniciar sesión

O vindeiro curso 2 escolas unitarias deixan de prestar servizo debido ao baixo número de alumnado

Cómpre sinalar que a Consellería mantén, un ano máis, o mesmo criterio para suprimilas. É dicir, que conten con cinco ou menos alumnos/as. Trátase da Escola de Educación Infantil (EEI) de Apeadeiro, en Cambre (A Coruña), e a EEI de Solbeira en Paderne de Allariz (Ourense), ambas as dúas con 3 alumnos que, en todo caso, teñen asegurada unha praza escolar noutro centro educativo próximo.

Tamén cada ano, atendendo aos datos oficiais de matrícula, lévase a cabo un proceso de reorganización de unidades dentro dos propios centros educativos que leva consigo, ben a creación de novas unidades, ben a supresión doutras e o reagrupamento en función do incremento ou diminución de alumnado. Así mesmo, habilitáronse unidades (sen creación) para o suposto de desdobramentos de aulas cando existe un incremento puntual ou circunstancial do número de alumnos ou alumnas; pero non hai perspectivas que garantan que esa situación se consolide nos vindeiros anos.

Os datos concretos poden consultarse no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioG0164-190718-0001_gl.html.

Esta decisión da Consellería responde á obriga de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos sostidos con fondos públicos, adecuándoos tanto ás necesidades educativas de cada zona como á realidade social.
R.