Ir o contido principal
iniciar sesión

A Semana de Cine de Lugo celebra 40 edicións do 10 ao 21 de setembro

As pezas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas, curtas e documentais de todo o mundo. Dentro da programación do festival, figuran 13 ciclos: 13 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de cine. Ademais da homenaxe a Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México. O cartel desta edición é unha imaxe do Gran Teatro de Lugo que acolleu as 15 edicións, con fotografía de Eduardo Rodríguez Ochoa, e deseño de Lucia Yáñez Anllo.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas. As cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo, dependendo do ciclo.

Dúas novas publicacións cinéfilas

Para celebrar este 40 aniversario o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá editará un volume que leva por titulo “40 semanas de cine en Lugo”, a cargo de Xulio Xiz e Manuel Curiel, no que repasará a historia de cada unhas edicións deste certame. Ademais, presentarase outra obra que homenaxeará a actriz lucense Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México coa publicación dunha biografía da súa prolífica traxectoria artística.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá naceu en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos afeccionados ao mundo da imaxe. A primeira Semana Internacional de Cine de Autor celebrouse en Lugo en 1979. Desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita xa imprescindible para os cinéfilos que poden mergullarse no mundo do cine e homenaxear aos lucenses vinculados á sétima arte.

Programación do Festival

Ciclo Grandes Historias; Todas as proxeccións terán lugar na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas.
- O 10 de setembro: La opera rock. Jesucristo Superestar/ Wake up!
- O 11 de setembro: Wiña y Pacha.
- O 12 de setembro: Same/ La huerta de la esquina
- O 13 de setembro: Lado B.
- O 14 de setembro: Amparo 54/ Silencio

Cine Galego; As emisión serán no Salón de Actos da Deputación. Na primeira quenda ás 18:00 horas, e na segunda ás 20:00 horas.
- O 10 de setembro: Arteiros. Valentina. Peixes e Thanatos// O tempo na lurparia. Marxes. Lonxe. Exhalación. Eos.
- O 11 de setembro: Nove de decembro. Felicidad. Avelino//Paraíso roubado. Bagoas negras. María.
- O 12 de setembro: The rebel. Bagoas de ouro// Madre e Maestra. O cartel. Fin do pasado recente. Xente da raia.
- O 13 de setembro: Néboa. Atenas. Pera// A viaxe de Ruthr. Amanece despejado. Mbook. Escabarana.
- O 14 de setembro: Fóra. Despues de la bandera. Miñoca// Vértice de versos. La cueva. La mujer invisible.

Sección Especial: Despois das proxeccións no Salón de Actos da Deputación, encontros cos cineastas Jaime Camborda, Alfonzo Zarauza e Alberte Blanco.
- O 15 de setembro: Rapas das Bestas// Encallados.

Encontros de cine: realizaranse no Vicerreitorado da USC, ás 19:30 horas.
- O 10 de setembro: Eugenio.
- O 11 de setembro: Cortos infinitos.
- O 12 de setembro: El precio de la risa. Los dos cines. La pantalla en la calle.
- O 13 de setembro: El cine que nos hizo libre. Huellas de luz.

Ciclo infantil: proxeccións no Gustavo Freire ás 18:00 horas.
- O 17 de setembro: Beyon, Beyond
- O 18 de setembro: El americano
- O 19 de setembro: La panda de la selva
- O 20 de setembro: Cuervito calcetín.
- O 21 de setembro: El reino de las ranas.

O mellor da ano; será no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
- O 17 de setembro: En cuerpo y alma.
- O 18 de setembro: Tierra de Dios.
- O 19 de setembro: Una mujer fantástica.
- O 20 de setembro: La casa junto al mar.
- O 21 de setembro: Yo no soy Madame Bovary.

Sección Oficial; proxeccións no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.
- O 17 de setembro: Tódalas mulleres que coñezo.
- O 18 de setembro: El insulto.
- O 19 de setembro: Princesita.
- O 20 de setembro: El viaje de sus vidas.
- O 21 de setembro: Bajo la piel del lobo.

É para comer...Lugo,; Na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas.
- O 17 de setembro: Glitch. Snitch. Vuelta y vuelta. Noche de paz. Bombon helado. Despertar. Tribu. Sorpresa.
- O 18 de setembro: Croquetas. Quarume. Por conta da casa. Lo supero. Antes de irme. Marta no viene a cenar. Pigmalion.
- O 19 de setembro: París puede esperar.

Arte de Cine; proxeccións no Museo Provincial ás 19:00 horas.
- O 17 de setembro: You are mythical.
- O 18 de setembro: Thadat Myam. La photographe. Unforguettable J#14. El concepto de la ironía. Le prochain.
- O 19 de setembro: Socatoba. Noghteh Va Shir. Concerto em F. The neverending wall.
- O 20 de setembro: Robar a Rodin. El señor iluminatti.
- O 21 de setembro: Loving Vincent.

Memoria histórica: as emisións serán no Vello Cárcere ás 19:30 horas.
- O 19 de setembro: Así que pasen cien años.
- O 20 de setembro: Pero que todos sepan que no he muerto.
- O 21 de setembro: Historia Antigua. Palabras cruzadas.

Especiais: Será no Salón de Actos da Deputación ás 19:30 horas.
- O 17 de setembro sobre Dereitos Humanos: Leo a la vida. Pareja.
- O 18 de setembro será sobre Discapacidade: Malas hierbas. El trayecto. Un equipo. Aquí es posible. En el nombre del padre.

- O 19 de setembro a protagonista é Amnistía Internacional: La primera camboyana.
- O 20 de setembro despedida co filme Dhogs.

Cine nostálxico; na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas.
- O 20 de setembro: Sabanda. Amor residente.
- 0 21 de setembro: Luces y sueños.

Curtas de cine; as proxeccións serán no Vicerreitorado ás 19.30 horas, dende os días 17 ata o 21 de setembro, e emitiranse as curtas mais premiadas.

Homenaxe a Rosario Durcal (Lugo, 1927- México, 1993); esta charla terá lugar no Salón de Actos da Deputacióno día 21 de setembro, a partir das 19:30 horas, coa emisión de Las Leandras, cinta da que foi protagonista. Nesto acto presentarase o libro escrito por Manuel Curiel sobre Rosario, e estará presente o fillo da artista. A lucense desenvolveu toda a súa carreira profesional como actriz de cinema en México.
R.