Navantia terá traballo en Ferrol ata o 2025, coa construcción das fragatas F-110
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse a construción das fragatas F-110, que suporán carga de traballo ata 2025, “como a oportunidade definitiva” para a modernización do estaleiros de Ferrol, e dicir, para a súa competitividade.
Durante a celebración das xornadas Hacia el astillero 4.0 por la transformación digital, organizado por Navantia e a UIMP, Feijóo incidiu na necesidade de que Navantia prosiga co seu plan para converterse nun estaleiro 4.0 e, polo tanto, máis tecnolóxico; e que, por parte do Goberno central se apoie ese esforzo con máis concreción e máis certezas. Non en van, apostar polo estaleiro 4.0, nun prazo de cinco anos, podería traducirse nunha redución dos custos nun 25%, nunha diminución dos prazos dun 25% e nun aumento na calidade tamén do 25%.
“É dicir, estamos a falar das mellores garantías para futuros contratos”, dixo, facendo fincapé en que a Industria 4.0 supón unha importante vantaxe en termos de produtividade e custos; ou o que é o mesmo, en termos de competitividade.
Diante disto, o titular do Goberno galego resaltou que axudar a todo o tecido produtivo a facer esta transición dixital é un dos principais obxectivos da Xunta. Ao respecto subliñou que a Axenda Galicia Industria 4.0, que recolle as liñas de axuda para iso, cun orzamento total de 352 millóns de euros, xa beneficiou máis de 7100 empresas e permitiu a creación de máis de 18.000 postos de traballo.
Así mesmo, e co obxectivo de anticiparse ao emprego que vén, Feijóo requiriu do compromiso e a implicación tanto do sector público como do privado; “sobre todo porque está en xogo a competitividade da nosa industria, pero tamén o noso progreso como sociedade moderna”, sentenciou.
Sobre este punto, o responsable do Executivo autonómico lembrou o plan de formación que a Xunta puxo en marcha para empresas e profesionais do naval, dotado con 13 millóns de euros, co obxectivo de mellorar a cualificación de 5000 traballadores en activo e desempregados desta industria; e a mobilización xa de preto de 40 millóns de euros en programas de apoio á innovación neste sector. Ademais de referirse á presentación hai uns meses por parte de Navantia dun dron capaz de inspeccionar tanques de buques sen recibir sinal de GPS; e Navantia Fene está a finalizar a entrega das jackets construídas para un dos parques eólicos mariños máis grandes do mundo que Iberdrola promove na costa británica.
Feijóo aseverou que todo isto conforma uns bos cimentos para levantar sobre eles o estaleiro 4.0 que aspira a ser Navantia, un salto indispensable para consolidar as boas cifras do sector naval en Galicia. Así como no que vai de ano, os estaleiros galegos lograron adxudicarse 9 contratos dun total de 12 en España, polo que acaparan o 40% da carga de traballo en todo o país.
O presidente da Xunta concluíu recordando que Navantia representa na provincia o 16% do PIB industrial e o 24% do emprego industrial.

R.