Máis do 97% dos fogares galegos con nenos e estudantes ten contratado internet
 A convivencia con nenos en idade escolar (3 a 16 anos) e estudantes maiores de 16 anos, aumenta o uso de ordenadores e móbiles nos fogares e tamén a navegación por Internet. O uso de dispositivos electrónicos (ordenador, smartphone,...) acada xa ao 98,5% dos mozos e mozas de 16 a 34 anos, confirmando que convivir con nenos/as en idade escolar obrigatoria é un factor potenciador do uso das TIC nos fogares galegos, xa que superan supera en 23,9 puntos porcentuais aos datos que rexistran as persoas maiores de 35 anos.
A convivencia con nenos en idade escolar (3 a 16 anos) e estudantes maiores de 16 anos, aumenta o uso de ordenadores e móbiles nos fogares e tamén a navegación por Internet. O uso de dispositivos electrónicos (ordenador, smartphone,...) acada xa ao 98,5% dos mozos e mozas de 16 a 34 anos, confirmando que convivir con nenos/as en idade escolar obrigatoria é un factor potenciador do uso das TIC nos fogares galegos, xa que superan supera en 23,9 puntos porcentuais aos datos que rexistran as persoas maiores de 35 anos.A contratación practicamente universal de Internet nos fogares onde residen nenos e nenas tradúcese nun aumento tamén significativo do seu uso, de xeito que un 98,3% de mozos e mozas de 16 a 34 anos navegou por Internet nos últimos 3 meses, fronte ao 77,2% dos maiores que navegaron por Internet nese período (35 a 74 anos).
En relación á frecuencia do uso de Internet, o 92,7% dos mozos e mozas de 16 a 34 anos navega diariamente, fronte ao 78,8% de internautas de máis idade (35 a 74), o que amosa unha diferenza xeracional de 13,9 puntos porcentuais neste indicador.
Respecto aos hábitos dos internautas, aumentan as compras de bens ou servizos a través de Internet nos 3 últimos meses entre os máis novos. Máis da metade dos mozos entre 16 e 34 anos (52,9%) compraron a través Internet. Esta porcentaxe redúcese á metade (25,2%), no caso dos de idades entre os 35 e os 74 anos. No último ano, as compras a través de Internet aumentaron 4,9 puntos entre a poboación de 16 a 34 anos, superando o ritmo de crecemento que se rexistra no tramo de idade de 35 a 74 anos (2,7 puntos de aumento).
Constárase a diferenza de coñecementos en TIC entre mozos e maiores tamén na análise dos trámites realizados coas administracións públicas, onde os internautas máis novos (16 a 34 anos) relacionáronse en maior medida coas administracións públicas a través de Internet, especialmente no referente á procura de información (83,8%) ou ao envío de formularios cubertos (79,3%). As diferenzas cos trámites feitos por internautas de 35 a 74 anos rondan os 23,3 puntos no caso da procura de información e 18,8 puntos no envío de formularios.
Os obstáculos no uso das TIC varían segundo a convivencia con nenos
As motivacións para non contratar aínda de Internet nos fogares con nenos e nenas en idade escolar, continúan sendo os custos de equipamento e conexión. Pola contra, nos fogares que non teñen menores en idade escolar (3 a 16 anos), a razón principal para non dispoñer de Internet é a percepción de que non lles resulta útil nin interesante.
R.
  
