Galicia porá en marcha un paquete de 14 medidas en materia de violencia de xénero para desenvolver o Pacto de Estado
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para dar conta do desenvolvemento do Pacto de Estado contra violencia de xénero, ao abeiro do cal anunciou a posta en marcha dun paquete de 14 novas medidas na materia, centradas na atención ás vítimas, na concienciación e na ampliación do coñecemento sobre as formas e incidencias desta lacra.
Alfonso Rueda deu comezo coa súa intervención lembrando catro das medidas presentadas na Cámara galega na comparecencia de Orzamentos da Vicepresidencia das que ampliou datos, como que onte mesmo se asinou o convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía para poñer en marcha a quenda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero.
Ademais, mediante a aprobación do Plan estratéxico de atención integral aos menores orfos por causa da violencia de xénero, a Xunta asume os custos de sepelio das súas nais e os orfos e orfas contarán cunha indemnización económica. Nesta mesma liña, os menores contaran con axuda en todos os trámites administrativos que precisen e facilitarase apoio e atención socio-educativa integral apoiando tamén ás persoas que asuman o seu coidado.
Noutro ámbito, un plan outorgará incentivos a aquelas empresas e entidades locais que contraten a mulleres vítimas durante un período de 12 meses. Mediante o Plan de acompañamento e asesoramento da vítima, que contará coa colaboración dos colexios de Avogados, Procuradores e Psicoloxía de Galicia será implantado un protocolo único de cooperación, co obxectivo principal de evitar a vitimización secundaria e institucional da muller.
O titular da Vicepresidencia indicou que este paquete de catorce medidas están centradas en 3 eixes centrais, que son a atención ás vítimas, a prevención das violencias machistas e o máximo coñecemento da incidencia da violencia de xénero en Galicia para así poder actuar e orientar as actuacións do Goberno galego a seguir neste eido.
Atención ás vítimas
No primeiro eixe, no que se refire á atención ás vítimas, ampliarase a Rede Galega de acollemento e o centro de emerxencias de Vigo será reforzado con 150.000 euros de investimento. Levaranse a cabo en colaboración coas federacións de mulleres rurais programas de apoio ás vítimas de xénero no rural. En relación á violencia sexual, será ampliada a cobertura ás catro provincias do Programa de intervención terapéutica con mulleres que sufriron violencia sexual, en colaboración coa Fundación Meniños e dirixido a mulleres e menores vítimas de abuso e violencia sexual.
Se porá en marcha un plan integral de acceso á vivenda mediante axudas de carácter mensual e dándolle prioridade inmediata a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero, descendentes menores orfos, coidadores e coidadoras e ás vítimas de trata.
As mulleres vítimas da violencia de xénero terán á súa disposición estadías de tempo libre nas cales poderán participar nun programa dunha estadía vacacional acompañadas dun equipo especializado para traballar e recuperar as relacións materno-filiais destrozadas e afectadas pola violencia. Ademais, as axudas económicas directas ás vítimas da violencia de xénero volven ampliarse para o ano que vén, cun importe total que ascende a 4,5 millóns de euros.
Prevención e sensibilización
No segundo eixe enfocado á prevención e sensibilización, no que se refire ao eido educativo o Goberno galego impulsará na totalidade de centros educativos programas de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. E as universidades contarán cunha orde axudas e subvencións para financiar proxectos de investigación con perspectiva de xénero e sobre violencia de xénero. Promoverase a implantación dun Máster interuniversitario en violencia de xénero así como novas liñas de colaboración coas Oficinas de Igualdade das 3 universidades Galegas.
Seguindo a liña de apoio aos concellos como Administración máis próxima á cidadanía, a convocatoria de axudas destinadas a entidades locais de Galicia será incrementada en 800.000 euros, coa premisa de que os concellos leven a cabo actuacións de sensibilización dirixidas principalmente á poboación infantil e xuvenil, ás mulleres máis vulnerables e ás mulleres vítimas de trata. Os concellos tamén poderán elaborar protocolos de actuación contra a violencia sexual, establecemento en espazos públicos de puntos seguros e de información sobre a violencia sexual.
No mesmo eido da violencia sexual, o Goberno galego incrementará as accións formativas e de sensibilización á mocidade, ampliando a presenza de puntos informativos nos grandes festivais e eventos reforzando a presenza deses puntos nas festas de interese turístico de Galicia. A aplicación “AgresiónOff” contará con novas funcionalidades como a xeolocalización, para previr e/ou denunciar posibles agresións durante un traxecto concreto.
No referente aos medios de comunicación, dende a Xunta impulsarase a formación das e dos profesionais do xornalismo e haberá campañas de sensibilización nos medios de comunicación escritos e audiovisuais galegos, na procura dun compromiso no tratamento informativo na violencia de xénero.
Serán ampliadas as axudas destinadas ás asociacións de mulleres de Galicia en 300.000 euros, coa apertura dunha liña específica para poñer en marcha accións concretas de prevención e sensibilización fronte violencia de xénero, fundamentalmente no eido rural. Nesta mesma liña, será reforzada a colaboración iniciada este ano coas federacións de mulleres rurais existentes en Galicia para a sensibilización e prevención da violencia de xénero e darase continuidade á colaboración coas Asociacións e Federacións Veciñais.
No eido deportivo, serán reforzadas as campañas específicas en espazos mediáticos deportivos “igualdade no deporte”, e levaranse a cabo a difusión de imaxes e mensaxes de igualdade e rexeitamento da violencia a través do patrocinio de equipos de alta competición estatal e de eventos deportivos cunha importante repercusión mediática. Ademais, traballarase na Igualdade co deporte de base, cos máis pequenos dos equipos de baloncesto e balonmán, así como coa Federación de fútbol e co fútbol sala.
Ampliación do coñecemento sobre Violencia de Xénero
No terceiro eixe, a Xunta elaborará unha nova a macroenquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia a que permitirá extraer conclusións para a orientación das políticas publicas neste ámbito, e co gallo de afondar de xeito específico nesta cuestión, promoveremos un estudo da incidencia da violencia de xénero no ámbito rural e as súas particularidades.

R.