O Festival Internacional de Teatro Universitario sube o pano da súa vixésimo quinta edición
A partir de textos e dirección de Roberto Salgueiro, ten unha duración de 47 minutos e é apta para todos os públicos. O reparto intégrano, por orde de intervención, Lara Pouso, Xiana Fole, Antía González e Inma Fernández. Completan o elenco Gerardo Fuentes (cartel e programa) e Javier López Jorge (piano).
O mércores 20 subirá ao escenario un grupo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia coa obra ‘Para. Ela’, dramaturxia elaborada a partir de textos de Eurípides, Calderón de la Barca e outros cunha duración de 60 minutos. A Teatras Studija Palèpè Vilniaus Gedimino Technikos Universitetas de Lituania representará o xoves 21 a peza ‘Icarus’ de Justinas Marcinkevičius. Terá unha duración estimada de 70 minutos e subtítulos en castelán. Para completar o programa, o venres 22 Piccola Compagnia Impertinente de Italia interpretará ‘The chinese whispers’ de Pierluigi Bevilacqua, cunha duración aproximada de 55 minutos.
Todas as representacións desenvolveranse no Teatro Principal ás 21.00 horas con entrada gratuíta previo paso polo despacho de entradas. As entradas poderan retirarse dende as 18.00 horas.

R.