O venres día 1 abre o prazo de admisión nos centros educativos, e as solicitudes poderán presentarse ata o 20 de marzo

A aplicación ‘admisionalumnado’ posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do/a proxenitor/a asinante.
Letra de desempate
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “E” e “C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo.
R.