Un total de 26 centros públicos galegos participarán no programa de intercambio EduExchanges
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución do programa de intercambio de alumnado para centros de ensino cos de outros países da Unión Europea EduExchanges. O obxectivo deste programa é que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.
Un total de 26 centros públicos galegos e 416 alumnas e alumnos participarán este curso nesta iniciativa. A convocatoria está dirixida a alumnado que curse 3º e 4º de ESO en centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa de intercambio -ou teñan previsto facelo- entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019. O idioma de estudo obxecto do intercambio pode ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno.
Cada centro seleccionado recibirá unha axuda económica máxima de 7.000 euros da Consellería que será destinada a sufragar os gastos derivados do intercambio. Os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador.
Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.
Esta iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, Edulingüe, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, e pretende fomentar a mobilidade entre o alumnado co fin de mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras.

R.