Ir o contido principal
iniciar sesión

Científicos das Universidades da Coruña e Santiago crean novos sensores para a detección e o estudo da evolución tumoral

A nivel científico-clínico, a posibilidade de detectar a activación destes mecanismos é de gran relevancia, xa que o seu coñecemento permite valorar o grao de agresividade dun determinado tumor. Nun estudo recente publicado na revista Scientific Reports, que edita o grupo ‘Nature’, un equipo integrado por científicos dos centros de investigación galegos CICA (Universidade da Coruña ), CiMUS e CiQUS (Universidade de Santiago de Compostela) conseguiu desenvolver sensores que reproducen o mecanismo que activan as células tumorais cando detectan baixos niveis de osíxeno.

Ou o que é o mesmo: os científicos forno quen de crear unha réplica do seu modus operandi á hora de inducir a formación de novos vasos sanguíneos, imprescindibles para a chegada de máis nutrientes e osíxeno ao tecido.

Os novos sensores están dotados da capacidade para activarse e emitir luz (é dicir, para «acenderse»), o que segundo os investigadores facilita «non só a detección do tumor, senón tamén estudar o seu comportamento».
R.