O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo faise co primeiro premio do VI certame 'Inventa en galego'
Valentín García Gómez participou hoxe na entrega de premios da VI edición do concurso Inventa en galego que se celebrou no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña. O certame, convocado por Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) co apoio da Xunta de Galicia, premia as mellores apps en galego elaboradas por alumnado de centros educativos titorizado por un docente.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, valorou o feito de que “as apps que obtiveron o primeiro premio estean orientadas á creación e funcionamento de empresas, favorecendo a innovación e o emprendemento e asociando estes dous conceptos cun idioma que se mostra, así, dinámico e útil”. Na entrega de premios participaron tamén Mª Estrella Pérez Freire, directora do IES Ramón Menéndez Pidal, e Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia. Na mesma sesión fíxose entrega dos premios Sensores para todos, que tamén organiza Igaciencia
Premios para os IES Eduardo Blanco Amor e Ramón Menéndez Pidal
O primeiro premio da VI edición do certame Inventa en galego recaeu no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo por unha serie de apps centradas na empresa que foron titorizadas polo profesor Ángel Acción e elaboradas por alumnado de primeiro de bacharelato deste centro: Esencial, orientada aos servizos que fan máis simple a vida dos anciáns e anciás; BachtoMusic, pensada para a venda de partituras e instrumentos musicais ou para a reserva de estudos de gravación; CicloFood, aplicación de pedimento de comidas a domicilio, e Todo deporte, que permite ofrecer material deportivo.
O segundo premio do concurso recaeu no IES Ramón Menéndez Pidal pola app A Tribuna do alumnado de primeiro de bacharelato titorizado pola profesora Paz Freire e mais por un conxunto de 11 apps de axuda a persoas con discapacidade elaboradas polo alumnado de segundo de bacharelato titorizado por Paz Freire e mais Isabel de la Puente.
Apps en galego
Inventa en galego é unha proposta que Igaciencia lles fai aos centros educativos de Galicia para que elaboren unha app Android na linguaxe de programación App Inventor que sexa útil no contorno próximo dos centros educativos onde se crea.
No concurso, apoiado pola Consellería de Cultura e Turismo, poden participar equipos de escolares de primaria ou secundaria presentados por un docente. Os traballos deben ser inéditos e en galego, sen prexuízo de que se poidan usar de máis a máis outros idiomas.

R.