Ir o contido principal
iniciar sesión

A colaboración entre administracións e entidades sociais permiirá acararunha inclusión social real e efectiva

eijóo agradeceu o traballo conxunto entre as entidades e as Administracións públicas e, nesta liña, valorou os datos do Instituto Nacional de Estatística, que reflicten que a porcentaxe de poboación en situación de carencia material severa en Galicia baixaron un 33%, algo que nos converte na segunda Comunidade co mellor dato de España. E incidiu en que a voz de entidades como as que se agrupan en EAPN “conta, e moito”, á hora de construír unha sociedade mellor.

“As entidades sociais sodes unha peza clave insubstituíble na construción dunha sociedade máis xusta e equitativa”, afirmou, facendo fincapé en que para que a resposta sexa eficiente e atenda directamente ás necesidades da persoa, é necesario que o diagnóstico de cada caso sexa tan individualizado e exhaustivo como sexa posible.

Feijóo reiterou o compromiso da Xunta coas políticas sociais, como pon de manifesto o Plan de atención a persoas sen fogar, que se aprobará nas próximas semanas e que, entre outras medidas, facilitará 100 vivendas para que estas persoas conten cun fogar a partir do que poidan empezar o seu proceso de reinserción.

Sobre este punto, recordou tamén a aprobación da Axenda Social Única, unha folla de ruta común elaborada en coordinación cos municipios e EAPN e que este ano comezarase a actualizar; e o novo Decreto da Risga, que non só incrementa a súa contía media de 450 a 550 euros, senón que facilita a súa compatibilidade cun emprego remunerado, para que os perceptores vaian substituíndo gradualmente a Risga por un salario.

Así mesmo, resaltou tamén algunhas das medidas orientadas a garantir o dereito a unha vivenda digna como a oficina Reconduce de prevención dos desafiuzamentos, os acordos con entidades financeiras para que cedesen vivendas baleiras ou o Bono de Alugueiro Social.
R.