Ir o contido principal
iniciar sesión

O concerto da banda de música SONS E SOÑOS inaugurou o Serán02 na Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao concerto da Banda de Música Sons e Soños (Outeiro- Rábade- Begonte), enmarcada na primeira xornada do Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular que se está a celebrar esta fin de semana no Museo Centro Gaiás.

O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, contará durante toda a fin de semana con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como de diversas formacións infantís e xuvenís. A xornada rematou cun concerto dobre das bandas municipais profesionais de música da Coruña e de Santiago de Compostela. A programación completa pode consultarse na web www.cidadedacultura.gal.
R.