Ir o contido principal
iniciar sesión

Un total de 18 centros de ensino públicos participarán a partir do vindeiro curso no programa Educación Responsable

O obxectivo é promover o desenvolvemento saudable do alumnado, a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias, favorecendo a educación emocional, social e creativa para acadar un maior benestar persoal, social e académico. Así mesmo a iniciativa contribúe á mellora do clima de convivencia no centro docente e ao éxito escolar do seu alumnado. No ano académico 19/20 participarán neste programa un total de 52 centros de toda Galicia.

Educación Responsable desenvolverase nos centros educativos ao longo de tres cursos escolares. O obxectivo do primeiro curso de implantación é que o Equipo de Educación Responsable de cada centro participante coñeza as ferramentas didácticas propias da educación emocional e social, así como a súa aplicación na aula.

Na segunda fase de expansión que se desenvolverá no ano académico 2020/21, o centro participante asumirá este programa como unha liña prioritaria no marco do seu Proxecto educativo. Con este obxectivo, os responsables de recursos de Educación Responsable forman ao resto dos docentes programando e aplicando as actividades de forma colaborativa, estendendo así o programa a un maior número de alumnado.

A fase de consolidación, no curso 2021/22, ten como obxectivo que o centro docente utilice de forma autónoma as metodoloxías, técnicas e actividades e sexa quen de elaborar outras novas, incluíndo obxectivos propios do crecemento emocional, social e creativo do alumnado. Para iso, será necesario que a maioría dos docentes do centro incorporen nas súas programacións de aula actividades deste programa para beneficiar á maior parte do alumnado.

Os centros que cumpran os obxectivos establecidos serán acreditados e pasarán a integrar á Rede de Centros do Programa de Educación Responsable.
R.