Ir o contido principal
iniciar sesión

O Programa Iacobus apoiou 798 proxectos de cooperación de investigación científica e tecnolóxica na Eurorrexión

No programa participan sete universidades, catro institutos politécnicos e 22 centros tecnolóxicos da Eurorrexión e conta con dúas modalidades: o IACOBUS estadías de investigación e o IACOBUS papers.

As áreas de traballo dos beneficiarios das convocatorias xa lanzadas ata ao momento son moi amplas, destacándose as ciencias da saúde, as humanidades, as enxeñarías, as ciencias económicas e empresariais, as ciencias sociais, as tecnoloxías da información e comunicación, as ciencias ambientais, os recursos naturais, e o dereito, entre outras.

Avaliacións do programa

Realizáronse avaliacións do grao de satisfacción das 5 primeiras edicións do IACOBUS e está en desenvolvemento a correspondente á sexta edición. O sistema de avaliación realízase a través de enquisas de satisfacción a todos os participantes, con preguntas diferenciadas, agrupadas en tarefas como planificación, desenvolvemento e resultados, con preguntas máis específicas dentro de cada grupo. Tamén se realiza unha diferenciación segundo sexa PAS, PDI ou investigador. Outro apartado importante é o de comentarios e aspectos a mellorar do programa segundo os participantes, onde se obtiveron ideas que se foron implementado en posteriores convocatorias. Entre elas, a de articular todo o programa dixitalmente, reducindo os tempos de tramitación, a burocracia e o uso de papel.

Os resultados indican un grao de satisfacción elevado, xa que en torno ao 90% da valoración é alta ou moi alta, manténdose os resultados relativamente estables no tempo.

Tras a participación no Programa IACOBUS, foron desenvolvidas polos demandantes novas liñas de investigación e desenvolvemento de proxectos conxuntos. Desenvolvéronse novos proxectos, como por exemplo a Feira Internacional de Emprego Universitario (Universidade de Vigo, do Porto e a UTAD) FINDE.U. Tamén se promoveu a organización conxunta de eventos, congresos, xornadas e cursos específicos entre as universidades socias do programa. De salientar que moitos destes traballos e liñas de investigación resultaron posteriormente en publicacións de artigos en revistas científicas e no desenvolvemento de candidaturas conxuntas a programas europeos.

Novidades nos últimos anos

Nos últimos anos, incorporáronse novidades ao programa, como a inclusión dos centros tecnolóxicos o ano pasado. Ata ese momento o programa estaba limitado ás universidades.

En 2018 tamén se puxo en marcha outra novidade, xa que se lanzou por primeira vez o IACOBUS Publicacións Científicas, que ten como obxectivo principal fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica, a través de axudas económicas á publicación de artigos - papers - en revistas indexadas no vixente Journal Citation Report ( JCR) e Scopus (para a área dás humanidades), así como mellorar a calidade científica e a competitividade das universidades. Nesta primeira edición foron apoiadas 34 publicacións científicas cun valor total de 34.000 euros destinados aos grupos de investigación dos respectivos demandantes.

No último trimestre de 2019, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal vai a abrir a 7ª convocatoria do IACOBUS Estadías de Investigación e a 2ª convocatoria do IACOBUS Papers.
R.