Premiado a nivel internacional un traballo do CiTIUS que fusiona dúas técnicas de Intelixencia Artificial
Segundo o investigador Alberto Bugarín, “nesta liña de traballo integramos dúas áreas científicas que, ata hai moi pouco, eran practicamente unhas completas descoñecidas entre si: a comunidade de Intelixencia Computacional e a de Xeración de Linguaxe Natural”. Precisamente dentro desta última atópase a disciplina Datos a texto (‘Data to text’ ou ‘D2T’), na que os científicos do CiTIUS levan tempo traballando. Entre os seus exemplos de aplicación figura a ferramenta GaliWeather: un sistema de ‘tradución automática’ de modelos numéricos a texto que dende hai anos está integrado na páxina web de Meteogalicia, o servizo público de información meteorolóxica da comunidade galega.O tema foi tamén obxecto principal de estudo na tese do primeiro autor do artigo, Alejandro Ramos, que recibiu tamén numerosos premios nos últimos anos, entre outros, o Best PhD Award a nivel europeo e o Premio Nacional de Investigación SCIE - Fundación BBVA.
R.

