Presentado desde a cidade de Lugo o proxecto Newton, que da man de empresas como Boeing e First Scandinavia percorrerá toda Europa
Sobre este último punto, o responsable do Executivo autonómico destacou a aposta de Galicia por converterse nun referente no sector aeronáutico co Polo aeroespacial de Rozas, que conta unha incubadora de proxectos, que xa está a dar os seus froitos cunha mobilización de 164 millóns de euros de investimento público-privado e coa creación de preto de 480 postos de traballo.
“Estamos traballando con empresas e centros tecnolóxicos que aportan a Galicia coñecemento, a través de proxectos de I+D+i; solucións que repercuten directamente na calidade de vida dos cidadáns, como a mellora na seguridade da frota pesqueira, servizos na loita contra os incendios ou incluso a protección cardiovascular no Camiño de Santiago, ademais de equipamentos e infraestruturas; e de potencial emprendedor”, explicou, subliñando o papel decisivo que xoga neste último eido o Business Factory Aero, como incubadora e aceleradora de proxectos empresariais.
Feijóo incidiu na importancia de seguir atraendo empresas punteiras do sector aeronáutico, fomentando vocacións e reforzando o labor dos centros de coñecemento e impulsando unha formación atenta ás necesidades da industria. Para iso, recordou que os vindeiros orzamentos autonómicos incluirán unha partida de máis de 15 millóns de euros para consolidar o Polo aeroespacial de Rozas, un dos eixes da Galicia innovadora da vindeira década.
R.