Ir o contido principal
iniciar sesión

Publicado o libro "41 Semanas, 41 carteis", cos carteis da Semana de Cine de Lugo desde 1979 ata o presente

As imaxes proceden, na súa maior parte, de cadanseu concurso anual entre deseñadores, dotado económicamente con 1.000€ nas convocatorias máis recentes, xunto cun trofeo, pero tamén hai encargos efectuados directamente a pintores lucenses, e mesmo –no caso das dúas últimas Semanas- son obra de Eduardo Rodríguez Ochoa, sendo o do presente ano o que figura na portada da publicación que estivo, asimesmo, baixo a responsabilidade deste directivo do Grupo.

Deste libro fíxose unha tirada de dous mil exemplares, que serán distribuidos a través das entidades patrocinadoras –Concello de Lugo, Deputacion Provincial, Xunta de Galicia e Universidade/Campus de Lugo-, así como tamén será entregado aos espectadores que acudan ás proxeccións dos ciclos “Xoias do cine” e “sección oficial” no Auditorio Gustavo Freire.

A presentación correu a cargo – de esquerda a dereita na foto- de Jesús Varela Zapata (Vicerreitor de Cultura da Universidade de Compostela), Maite Ferreiro (Concelleira de Cultura de Lugo e Vicepresidenta/Delegada de Cultura da Deputación Provincial), Eduardo Rodríguez Ochoa (responsable da publicación) e Xulio Xiz (Presidente de Fonmiñá).
R.