As universidades públicas galegas incorporan á súa oferta tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o vindeiro curso 2021-22

O outro desta rama é o grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, que se impartirá na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (UVigo). Neste caso ofértanse 50 prazas e o grao contará con dúas especialidades ou mencións, que son a Mención galego e a Mención Español. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios no mesmo campus e centro.
Así mesmo, a Universidade da Coruña (UDC) ofertará o grao de Máquinas Navais, que se poderá cursar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas no campus herculino. O grao disporá de 50 prazas en modalidade presencial e dúas mencións, unha en Enerxía e Propulsión e outra en Oficial Electrotécnico. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do grao en Tecnoloxías Mariñas.
R.