Ir o contido principal
iniciar sesión

Os sete campus universitarios galegos contarán con puntos de información xuvenil

Neste punto, tamén se habilitará a activación do Carné Xove, que a Administración autonómica fixo chegar á casa duns 400.000 mozas e mozos.

Na Universidade da Coruña comezará mañá a ofrecerse o servizo. No campus da cidade herculina estará no Edificio Xoana Capdevielle, e no de Ferrol, no de Apoio ao Estudo. Pola súa banda, na Universidade de Santiago tamén empezará a funcionar mañá o punto de información, na facultade de Ciencias da Comunicación da capital galega; e en Lugo, o mércores na facultade de Formación do Profesorado.

Por último, na Universidade de Vigo haberá un punto de información o mércores na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense e na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra. O xoves estará na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. Estes puntos funcionarán en horario de mañá, de 10.30 a 14.30 horas, un día ao mes en cada campus, salvo na época estival.
R.