Ir o contido principal
iniciar sesión

El Centro Dramático Galego presenta su nuevo montaje: Illa Reunión

El Centro Dramático Galego (CDG) abre el viernes 3 de marzo su nueva programación de producción propia con «Illa Reunión», el primer trabajo que dirige Ana Vallés para la compañía pública.

El CDG señala en un comunicado que este proyecto inaugural «indaga en las nuevas formas de expresión escénica y se desarrolla en los límites entre teatro, música y danza, a partir del concepto del viaje y sus distintas interpretaciones como pretexto».
El director general de Creación y Difusión Cultural, Luis Bará, señala en el escrito que ésta se enmarca en el plan de actividades del «Ciclo violeta» que diseñó la Consellería de Cultura para este mes de marzo sobre la creación femenina en Galicia y significa un ejemplo «de una cultura gallega abierta al mundo y a la realidad».

La directora del CDG, Anxeles Cuña, defendió el proyecto desde la perspectiva de la «pasión y el compromiso por el teatro», con la mirada puesta tanto «en los públicos nuevos como en los leales que estén dispuestos a vibrar con los nuevos lenguajes».

Nota de prensa remitida por el Igaem (Xunta de Galicia)

O Centro Dramático Galego abre coa estrea de Illa Reunión a súa nova programación de produción propia

* Ana Vallés dirixe no seu primeiro traballo para a compañía pública a un elenco de 14 intérpretes nunha proposta escénica que funde teatro, música e danza

* O espectáculo permanece no Salón Teatro de Santiago do 3 de marzo ao 2 de abril e pode verse tamén en Narón, Vigo, Ourense, Ribadeo e Ferrol

O Salón Teatro de Santiago acolle o venres 1 de marzo ás 21:00 horas a estrea do espectáculo Illa Reunión, con dirección de Ana Vallés. O proxecto artístico inaugural da nova etapa aberta no Centro Dramático Galego (CDG) indaga nas novas formas de expresión escénica e se desenvolve nos límites entre teatro, música e danza a partir do concepto da viaxe e as súas distintas interpretacións como pretexto.

Algunhas das claves de Illa Reunión foron explicadas aos medios de comunicación nun acto no que acompañaron a Ana Vallés -no que supón o seu primeiro traballo para a compañía pública- o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, o xerente do IGAEM, Miguel Martín, e a directora do CDG, Ánxeles Cuña.

Bará, que enmarcou a produción no plano de actividades do “Ciclo violeta” que deseñou a Consellería de Cultura e Deporte para este mes de marzo sobre a creación feminina en Galicia, referiuse á proposta escénica como exemplo “dunha cultura galega aberta ao mundo e á realidade”; e aludiu tamén á necesidade do teatro galego de chegar aos novos públicos.

Ánxeles Cuña, directora do CDG, defendeu o proxecto desde a perspectiva da “paixón e o compromiso polo teatro” e coa mirada posta tanto “nos públicos novos como nos leais que estean dispostos a vibrar coas novas linguaxes”. Neste sentido incidiu Miguel Martín, quen dixo que a programación desta obra equivale a potenciar as correntes máis dinámicas e innovadoras da escena galega.

Ana Vallés avanzou que o espectáculo utiliza a idea da viaxe e o mito do viaxeiro como pretexto para unha creación colectiva que funde os límites entre o teatro, a danza e a música e xoga co intercambio de cometidos entre o grupo de intérpretes, que actúan, bailan e tocan en directo distintos instrumentos. A acción desenvólvese nun espazo case espido no que destaca a iluminación, obra de Baltasar Patiño.

O CDG ofrece tres funcións de estrea de Illa Reunión no Salón Teatro (días 3, 4 e 5 de marzo), espectáculo e permanece nese mesmo espazo de Santiago de Compostela ata o 2 de abril con 5 representacións semanais de mércores a domingo. A continuación viaxa a Narón (7 e 8 de abril), Vigo (5 e 6 de maio), Ourense (12 e 13 de maio), Ribadeo (26 de maio) e Ferrol (2 e 3 de xuño).
R.