Ir o contido principal
iniciar sesión

Fallados los premios del Certamen de Teatro Atenea 2006, convocado por el Ateneo Ferrolán

Fallados los premios del Certamen de Teatro Atenea 2006 convocado por el Ateneo Ferrolán en colaboración con Caixanova. El jurado integrado por Fernando Ocampo, Esperanza Piñeiro, María José Doce, Antonio García Pardo, Idoia Múgica, Xspela Trobec, Luis Rapela, Manuel Basoa, Aurora Rivas, Xosé Leira e Luis Calvo, acordó conceder el premio en la Categoría Especial al grupo de teatro del Colegio Carmen Polo dirigido por María José Caínzos.

El fallo del jurado se completó con los siguientes premios, según la nota de prensa remitida por el Ateneo Ferrolán:

1) Concedelo Premio de Categoría Especial ó grupo de teatro do colexio “Carmen Polo”, dirixido por María José Caínzos .

2) Nas categorías Infantil e Primaria a:
• Grupo do colexio CEIP “Centieiras” do concello de Fene coa obra “O galo engancha”, dirixido por Mª Cointa Pazos García;
• Grupo “Tamborrada”, do colexio Manuel Masdías, coa obra “Unha máquina especial do tempo”, dirixido por Fina Febril
• Grupo do colexio “Cruceiro de Canido”, coa obra “A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos”, de Gloria Sánchez e Miguel Vázquez Freire, dirixido por Maravillas Becerro e Isabel López.

3) Na categoría Xuvenil o Fallo foi favorable a:
• Grupo “Tixuca”, do IES Carvalho Calero, coa obra “Suspéndese a sesión”, de Fernando Lalana dirixida por Pim Patiño e Aurora Quevedo
• Grupo “La Cuadrilla”, do colexio Compañía de María, coa obra “El sueño de una noche de verano”, de William Shakespeare, dirixido por Paula Dapena Paz e Antía Díaz Leal.

Todos eles reciben un premio, de igual cuantía, por un total de 250 Euros, donados por Caixa Nova, e un Diploma que se entregan no transcurso dunha velada teatral pública, adicada a tódolos participantes de Atenea 2005 que ten lugar o mércores 14, ás sete da tarde no Ateneo Ferrolán.

O Xurado quere destacar e valorar públicamente os traballos e esforzos adicados por parte de tódolos grupos participantes, dentro das grandes diferencias de medios económicos e humamos e, moi especialmente naqueles colexios onde se conseguíu ese compromiso e unidade no traballo de alumnos, profesores e pais.

Para rematar o Xurado de Atenea 2006, quere felicitar o Ateneo Ferrolán polo seu compromiso permanente e desinteresado coa cultura, sobre de todo na súa base, os pequenos, e a Caixa Nova pola súa sensibilidade e compromiso, así como recomendarlles e alentarlles na continuidade deste Certame.

- Programa de representacións do Certame de Teatro “Atenea 2006” no Centro Municipal “Carvalho Calero”:

Mércores 7: Colexio “Carmen Polo”, dirixido por María José Caínzos (Ás 17 h.) Grupo do colexio CEIP “Centieiras” de Fene coa obra “O galo engancha”, dirixido por Mª Coínta Pazos (ás 18.00 h.), Grupo de Teatro “Tamborrada”, do colexio Masdías, coa obra “Unha especial máquina do tempo”, dirixido por Fina Febril Caruncho (ás 19.00 h.).

Xoves 8: Grupo “Tixuca”, do IES Carvalho Calero, coa obra “Suspéndese a sesión” de Fernando Lalana, dirixida por Pim Patiño (ás 16.30 h.)

Venres 9: Grupo de , do colexio CEIP Cruceiro de Canido coa obra “A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos” de Gloria Sánchez e Miguel Vázquez, dirixida por Maravillas Becerro e Isabel López (ás 17.00 h.), Grupo “La Cuadrilla”, do colexio Compañía de María, coa obra “El sueño de una noche de verano” de Wilian Shakespeare, dirixida por Paula Dapena Paz e Antía Díaz Leal (ás 18.30 h.)

Entrega de Premios: mércores 14 ás 20.00 horas. Inclúe a representación da obra “Suspéndese a sesión” de Fernando Lalana, polo grupo “Tixuca”, do colexio Carvalho Calero, dirixo por Pim Patiño.
R.