Ir o contido principal
iniciar sesión

Las nuevas selecciones gallegas de baloncesto masculino y femenino debutan contra Japón

La selección gallega de baloncesto masculino debuta el 28 de junio en Lugo ante Japón, mientras que un día más tarde, el 29, se produce el estreno del combinado femenino, esta vez en Vigo, también ante la selección asiática. De este modo, la Xunta de Galicia, que gobiernan en coalición socialistas y nacionalistas, da un nuevo paso en su política de creación y potenciación de la selecciones deportivas gallegas, tras la puesta en marcha de la de fútbol y del equipo ciclista profesional gallego, que formará parte a partir del próximo año del pelotón internacional.

El encargado de dirigir a la selección gallega masculina es el ex jugador y entrenador Joaquín «Quino» Salvo, que ha adiestrado hasta esta temporada al conjunto gaditano de Los Barrios, con el que concluyó en la undécima posición de la Liga LEB. «Esperamos poder jugar bien y hacer un buen partido. Pretendo dar la mayor seriedad al encuentro y por eso voy a ir hoy a Palencia -donde se enfrentan Castilla y León y el equipo nipón- para hacer un estudio técnico de nuestro rival», señaló Salvo.

El seleccionador avanzó que entre los jugadores que vestirán la camiseta de Galicia figuran estrellas como el internacional español Fran Vázquez.

Nota de prensa remitida por la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia:

Galiza xa ten dúas novas seleccións. Tivo lugar o acto de presentación dos equipos galegos de baloncesto masculino e feminino, que debutarán os días 28 e 29 de xuño en Lugo e Vigo, respectivamente.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco García; e os adestradores Quino Salvo (masculina) e Juan Corral (feminino) foron os encargados de facer a presentación deste novo proxecto da Dirección Xeral para o Deporte e presentaron a camiseta que lucirán os dous equipos neses partidos.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, resaltou de forma especial a creación do equipo feminino, “xa que o apoio ao deporte feminino é unha das apostas que estamos a facer a través da Dirección Xeral para o Deporte. Hoxe presentamos a selección de baloncesto, pero non vai ser a última”.

Pola súa parte, Santiago Domínguez Olveira destacou que “xa no seu día dixemos que a selección galega de fútbol non sería a única e hoxe estamos a dar un novo paso neste sentido, polo que nos enche de orgullo estar aquí presentando estas dúas seleccións”.

Os adestradores non podían ocultar a súa satisfacción por ser elixidos para dirixir a selección galega e explicaron que a receptividade dos xogadores e xogadoras cos que contactaron foi sempre moi positiva. Desta forma, Quino Salvo asegurou que “voulle dar a máxima seriedade posíbel ao partido. Pretendo ir a Valencia a ver xogar a Xapón, xa que queremos facer un bo partido e darlle unha alegría ao noso público”. Aínda non se deu a coñecer a lista definitiva de xogadores, pero Quino anticipou os nomes de Fran Vázquez ou José Antelo. Mentres, Juan Corral destacou que “este partido é moi importante para ver o potencial das nosas xogadoras e porque nos permite poñer en marcha unha idea que temos todos na cabeza dende hai tempo”. O equipo feminino contará con “xente nova e tamén algunhas veteranas, e todas elas mostraron moito cariño por vir. Tentaremos facer unha selección de calidade e na que todas as cidades estean representadas”.

Daranse a coñecer as convocatorias definitivas, tanto nos partidos oficiais selección galega-Xapón coma dos equipos veteranos, que xogarán un partido con anterioridade (as 19:30 horas). As entradas poranse á venda ao prezo de tres euros e ademais repartiranse invitacións entre os centros de ensino da cada unha das cidades, coma entre os clubs de baloncesto.


Equipos técnicos:

Selección Masculina
Quino Salvo - adestrador
Jesús Cobián Vázquez
Emilio Suáres Soto
Sergio Toba
Jorge Iglesias – xefe de equipo

Árbitros
Carlos Cortes Rey - ACB
David Guillén Rivero
Ignacio Domínguez La Torre

Selección Feminina
Juan Corral Vilar -adestrador
Isidro Cabaleiro Meiralles
Vicente de Becerra Gil – xefe de equipo
Marta Matos Fresco

Árbitros
Carlos Cortés Rey
David Guillán Rivero
Carlos Souto Farto

Selección masculina de Veteranos:
Tonecho Lorenzo Fernández
Antonio López Cid
Alberto Abalde Rodríguez
José Caldas García
Pepe Casal Fernández
Alberto Real Castro
José Ramón Ferreiro González
Alfredo Pérez - xefe de equipo

Selección feminina de Veteranas:
Víctor Varela
Juana Ingelmo
Belén Iglesias

R.