Ir o contido principal
iniciar sesión

PSA Peugeot-Citroën, en colaboración con la Xunta de Galicia, oferta 121 cursos de formación para 1.815 desempleados

La Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Traballo, y la empresa PSA Peugeot-Citroën con sede en Vigo firmaron un convenio de colaboración en materia de formación. A la oferta de 121 cursos para 1.815 desempleados se une el compromiso de la empresa para la posterior contratación del 60% del alumnado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia:

O Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o director xeral do centro PSA Peugeot Citröen de Vigo, Javier Riera, asinaron na factoría de Vigo, un convenio de colaboración entre a Consellería e Peugeot Citröen Automóviles España S.A para o desenvolvemento de 121 cursos de formación profesional ocupacional, é dicir, dirixida a desempregados.

A través da sinatura deste convenio poranse en marcha 50 cursos de operario básico, 70 de técnicas de posto de traballo e 1 de retocador de automoción, para o cal a Consellería aportará un orzamento de 416.000 euros co que se subvencionarán as accións formativas, mentres que a empresa se compromete a executar os curso e a contratar a, como mínimo, o 60% dos alumnos participantes por un período mínimo inicial de seis meses a xornada completa, ou o tempo equivalente no caso de que a contratación se realice a tempo parcial.

Cada curso terá un número máximo de 15 alumnos, polo que a colaboración entre Traballo e Peugeot Citröen beneficiará a 1.815 desempregados, que realizarán estes cursos gozando de plena gratuidade. No desenvolvemento dos cursos participarán máis de 150 docentes, que impartirán un total de 107.000 horas de formación ao longo dos nove meses que durará cada actividade.

Tendo en conta o compromiso de contratación recollido no convenio, o obxectivo principal que persegue a formación incluída neste proxecto é preparar aos alumnos para seren futuros traballadores da planta industrial do centro vigués, de tal xeito a finalidade é tratar de conseguir unha integración social e laboral dos novos empregados na empresa dunha forma rápida e eficaz, garantindo que, nun prazo razoable de tempo, o alumno se habitúe aos métodos de traballo das unidades produtivas e realice as súas funcións de maneira satisfactoria.


En todo caso, tamén se pretende que os contidos sirvan para dotar aos traballadores dunha competencia profesional que lles facilite a súa empregabilidade actual e futura, dentro é fóra de Citröen, de tal xeito que lles permita a súa adaptabilidade e transferencia a outras empresas do sector, buscando a adaptación e achegamento da formación ocupacional ao contorno produtivo.

Na súa intervención trala sinatura, o titular de Traballo, manifestou o seu desexo de que “este importante esforzo da Consellería e da empresa sirva para preparar aos participantes nos cursos, como futuros traballadores desta planta en particular, e do sector da automoción en xeral, formándoos nos sistemas e conceptos máis vangardistas de fabricación de produtos relacionados co automóbil”.

Varela insistiu na importancia deste sector para Galicia, xa que, segundo apuntou o conselleiro, conta con máis de cen empresas que facturan o equivalente ao 19% do PIB galego, que xeran 33.000 empregos e que supoñen, segundo datos de 2003, o 46% das exportacións galegas, convertendo a Pontevedra na cuarta provincia de España en volume de exportación. “O volume de investimento que incorpora, o valor engadido que xera, os fondos que absorbe de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e o seu efecto arrastre sobre outros sectores, converten á automoción nun dos sectores estratéxicos de Galicia”, afirmou o conselleiro.

O titular de Traballo incidiu na necesidade de que, ademais dos poderes públicos, a través das políticas activas de emprego e formación, o mundo empresarial e, por suposto, os axentes sociais, se impliquen na redución do desemprego. Neste ámbito de implicación englóbase, segundo salientou Ricardo Varela, a sinatura do convenio asinado coa empresa Peugeot Citröen Automóviles España, S.A, “este é un tipo de actuacións no que a Consellería quere profundar”.




R.