Ir o contido principal
iniciar sesión

Comienza el curso escolar de casi 200.000 alumnos de enseñanza secundaria de Galicia

Comienza el curso escolar para un total de 161.383 alumnos de enseñanza secundaria de Galicia. El 20 de septiembre arrancan las clases en un total de 604 centros de ESO y Bachillerato para unos alumnos que se han reducido en un 1'9% respecto a la cifra de estudiantes registrada en 2005. Según los datos facilitados por la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia, el inicio del curso en enseñanza secundaria supone, también, la incorporación de unos 15.000 docentes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:

Un total de 161.383 alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Programas de Garantía Social, Conservatorios de Música e Danza, e da Escola Superior de Arte Dramática incorporaranse ás clases o día 20 de setembro, segundo datos provisionais recollidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Estas cifras indican un descenso no número de estudantes con respecto ao ano pasado nestes niveis de ensinanza. Así, os datos globais apuntan un total de 3.127 alumnos menos que o curso anterior.

Un total de 98.668 alumnos comezarán o novo curso académico no nivel da Educación Obrigatoria Secundaria, fronte aos 101.423 do ano pasado. A provincia que conta con máis estudantes nesta etapa educativa é A Coruña, con 38.797 alumnos. Destes, 27.798 estudarán en centros públicos, 9.726 en concertados, e 1.273 en privados.

Síguelle de preto Pontevedra, con 37.607 rapaces nesta etapa educativa. Así, 25.114 iniciarán as clases en centros públicos, 11.641 en concertados e 852 en privados.

Lugo conta con 11.704 estudantes, dos cales 9.442 cursarán ESO en centros públicos, 1.978 en concertados e 284 en privados.

Ourense é a provincia con menos alumnos na Educación Secundaria Obrigatoria, cun total de 10.560 alumnos, segundo os datos estimativos da Consellería. Destes, 6.834 iniciarán os seus estudos en centros públicos, mentres que 3.513 o farán en concertados e 213 en privados.

No nivel de bacharelato iniciarán o curso, tanto no réxime xeral como en ensinanzas de adultos, un total de 40.394 alumnos, 973 menos que o ano pasado. No réxime xeral, a provincia cun maior número de alumnos é A Coruña, con 14.057 estudantes. Destes, 11.159 acudirán a centros de titularidade pública, mentres que os restantes 2.898 iniciarán as aulas en centros privados.

En Pontevedra comezarán o novo curso no nivel de Bacharelato un total de 12.386 rapaces. Segundo a titularidade do centro, 10.346 estudarán en centros públicos, e 2.040 en privados.

Na provincia de Lugo, iniciarán o Bacharelato un total de 4.275 alumnos. Destes, 3.975 están en centros públicos, e 300 en privados. Por último, Ourense conta coa taxa máis baixa, con 3.805 alumnos, dos cales 3.063 acudirán a centros públicos, e 742 a privados.

Tamén iniciarán as clases os alumnos de bacharelato de ensinanzas de adultos. En total, serán 5.871 alumnos, dos que 3.564 cursarán estudos en réxime presencial e 2.307 a distancia.

O día 20 de setembro tamén iniciarán as clases os alumnos dos Programas de Garantía Social, destinados a mozos entre dezaseis e vinteún anos que non posúen o título de graduado en educación secundaria, nin outra titulación de formación profesional. Este ano, un total de 2.187 alumnos comezarán os seus estudos neste nivel.

Por provincias, Pontevedra rexistra o índice máis alto, con 836 alumnos, dos cales 634 estudarán en centros públicos, 159 en concertados e 43 en privados. Síguelle A Coruña, con 830 alumnos. Destes, 752 estudarán en centros públicos, 53 en concertados e 25 en privados.

Lugo conta con 310 alumnos, segundo os datos estimativos de Educación, todos eles en centros públicos. Na provincia de Ourense, 211 estudantes iniciarán o novo curso nos Programas de Garantía Social. Deles, 135 acudirán a centros públicos, 37 a concertados e 39 a privados.

O día 20 tamén iniciarán o curso escolar os estudantes das ensinanzas de réxime especial de música e danza, que suman un total de 20.062 alumnos. En concreto, as ensinanzas de música rexistra unha cifra de 18.655 alumnos, fronte aos 18.127 do curso anterior. Deste total, 14.479 estudarán en centros públicos e 4.176 en privados. Nas ensinanzas de danza iniciarán o curso 1.407 alumnos, dos cales 381 estudarán en centros públicos e 1.206 en privados. Na Escola Superior de Arte Dramática estudarán 72 rapaces.

O total de centros que impartirán ESO, Bacharelato e Programas de Garantía Social, ascende a 604. Destes, 367 son públicos e 237 privados. Ademais, abrirán as súas portas 36 conservatorios de música, 2 de danza e a Escola Superior de Arte Dramática. En canto aos profesores, sobre 15.000 docentes formarán aos alumnos dos niveis que comezan o próximo día 20.

R.