Ir o contido principal
iniciar sesión

Presentado el Plan Gallego de Investigación e Innovación Tecnológica 2006-2010. Implica invertir 800 millones de euros y cuadruplicar el número de investigadores en Galicia

El Gobierno gallego ha aprobado el Plan Galego de Investigación e Innovación Tecnológica 2006-2010, que contará con un presupuesto de 800 millones de euros y que, entre sus objetivos, persigue multiplicar por cuatro el número de investigadores contratados en este período.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, indicó que este proyecto tiene un carácter «extraordinariamente ambicioso» y cambiará «radicalmente la capacidad investigadora de nuestro país».

El proyecto que, por primera vez, será remitido para su debate al Parlamento de Galicia, pretende alcanzar el objetivo de que la inversión destinada a I+D+i pase del 0,8% del PIB al 1,5, explicó el jefe del Ejecutivo gallego.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, cualificou o Plan Galego de I+D+i, que aprobou o Goberno galego, como “unha aposta ambiciosa” que permitirá situar Galicia no contexto europeo no eido da investigación e o desenvolvemento e que garantirá a competitividade do sistema económico galego. O presidente galego sinalou ademais que o texto deste Plan será remitido ao Parlamento para o seu debate, tal e como se comprometera hai uns meses.

Touriño dixo que o novo Plan contará cun orzamento de 800 millóns de euros, o que triplica o investimento destinado a este apartado no anterior conxunto de medidas, e sinalou tamén que se espera acadar, cando conclúa o período de vixencia do Plan, o 1,5 por cento do investimento do PIB neste apartado, que na actualidade representa o 0,8 por cento. Así mesmo, o presidente galego sinalou que “con este plan aspiramos a aumentar a participación empresarial no I+D+i” para que poidan executar o 50 por cento do gasto tal do I+D+i galego, fronte ao 37 por cento actual.

Paralelamente, o xefe do Executivo galego sinalou que un dos piares fundamentais sobre os que se asenta o Plan ten que ver coa procura de “máis e mellores investigadores” en Galicia polo que se realizará unha aposta singular “na potenciación dos recursos humanos investigadores” co obxectivo de multiplicar por catro o número existente na actualidade.

Así mesmo, Touriño dixo que se crearán plataformas tecnolóxicas entre empresas, Administración e universidades; crearase solo tecnolóxico e potenciarase o papel das pequenas e medianas empresas para que se acollan a estas políticas.

Touriño destacou que o Plan Galego de I+D+i terá aplicacións de relevancia inmediata xa que os proxectos empresariais suporán o “soporte fundamental” do propio plan. Así, Touriño destacou un exemplo concreto que se materializará ao abeiro do novo Plan como a posibilidade de que o Centro de Metroloxía de Ourense se adapte para ter capacidade de homologar os radares e os etilómetros que se utilizan na Comunidade Autónoma. Ata o de agora a homologación tiña que ser feita en Madrid pero coa nova aplicación que se desenvolverá Galicia poderá realizar esta tarefa e atender ademais das súas propias demandas as de outras comunidades veciñas como Asturias ou Castela e León.


R.