Ir o contido principal
iniciar sesión

Promover el autoempleo entre los universitarios, principal objetivo del programa Empresa-Concepto

La Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Traballo, pone en marcha el programa Empresa-Concepto con el fin de que los universitarios gallegos consideren el autoempleo como una alternativa de acceso al mercado laboral.

A través de dicho programa los jóvenes emprendedores contarán con medios económicos y humanos que les faciliten la detección y evaluación de tecnologías susceptibles de transformarse en un negocio. Se trata de un proyecto enmarcado en la política de la Xunta de fomento del autoempleo y de compromiso con la cultura del emprendimiento y la innovación sobre la que se debe sustentar el futuro de Galicia, según responsables de la Consellería de Traballo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta:

O director xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ansias, apostou por “promover o espírito emprendedor entre os investigadores e os universitarios de xeito que cada alumno e cada investigador se converta nun posible empresario”.

O representante da Consellería de Traballo fixo estas declaracións durante o acto de presentación do programa Empresa-Concepto, cofinanciado por este departamento da Xunta. Trátase dun proxecto que pon a disposición dos investigadores, os medios económicos e humanos que posibilitan a detección e avaliación daquelas tecnoloxías susceptibles de transformarse nun negocio, “xa sexa a través do establecemento dunha empresa de base tecnolóxica ou no seu defecto mediante a comercialización das devanditas tecnoloxías”, declarou Ansias.

Coa posta en marcha deste tipo de iniciativas, fomentase o espírito emprendedor entre investigadores, profesores, titulados e alumnos. Isto serve, a súa vez, “como motor para a materialización do amplo coñecemento creado nas universidades e centros públicos de investigación en proxectos xeradores de nova riqueza e novos postos de traballo”. “Esta é, sen dúbida, unha das estratexias máis efectivas para lograr resultados significativos nos ámbitos da creación de emprego e mellora da competitividade rexional,”, asegurou.

Para acadar os seus obxectivos, os emprendedores contan cunha serie de recursos que lles permitiu continuar a súa actividade investigadora e minimizar os riscos de acceso ao mercado. A propia universidade fai de plataforma de lanzamento do novo negocio.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) actúa como xestora do programa, para si mesma e tamén para a Universidade de Vigo (UVI), a Universidade da Coruña (UDC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organismos que participan na execución do programa e na toma de decisións.

Segundo destacou o director xeral de Promoción do Emprego, este proxecto “constitúe unha área de negocio independente dentro da estrutura universitaria, cunha xestión personalizada que permitirá aos grupos de investigación avaliar a viabilidade económica da iniciativa para a súa futura conversión nunha empresa de base tecnolóxica, sen ter para iso, que constituírse formalmente como empresa”.

Álvaro Ansias recordou que dende o seu comezo o Goberno galego mostrou o seu compromiso coa cultura do emprendemento e a innovación, “sobre a que se debe construír o futuro de Galicia”. Nesta liña, o representante de Traballo salientou que “un dos primeiros viveiros que debe incidir na promoción desa cultura emprendedora é a Universidade”. Sobre todo pola “a ampla formación regrada e específica de calquera disciplina que se adquire nestas institucións e que converte aos universitarios en potenciais emprendedores, o que unido á xuventude dos integrantes, constitúe un elemento valioso para calquera emprendedor”.

Recordou que un dos retos da Consellería de Traballo é conseguir que a opción do emprendemento se contemple polos estudiantes dende o comezo da súa vida activa como unha alternativa atraínte e valida para o desenvolvemento do seu futuro laboral.

Non obstante, precisou que para conseguir este obxectivo inflúe en grande medida a actitude dos propios universitarios, “cuxas pretensións, en canto ao seu futuro laboral, limítanse na maioría dos casos, a dúas opcións: facer unha oposición ou buscar emprego por conta allea”. “Cremos que só esta disxuntiva non ofrece unha verdadeira resposta aos potenciais laborais que alberga un licenciado universitario”, engadiu o director xeral de Promoción do Emprego.

Por último, Ansias manifestou que dende a Consellería de Traballo “temos a obriga de transmitir que todas as barreiras son superables coa axuda e a preparación adecuada”. Para acadar este reto, “promoveremos a formación específica para emprendedores potenciando a súa motivación e as súas habilidades”, destacou.

R.