Ir o contido principal
iniciar sesión

Autorizada la creación de una red de locales para ensayo. Se insonorizarán y podrán ser utilizados gratis por los jóvenes músicos

La Xunta ha autorizado la creación de una red gallega de locales insonorizados a los que los jóvenes músicos tendrán acceso gratuito para ensayar. Una iniciativa pionera que busca la promoción musical de los conjuntos gallegos, así como una plataforma de encuentro para el intercambio de experiencias entre ellos. Esta medida, explicó el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, supondrá la oferta de locales de ensayo, equipados con instrumentos de amplificación, en los que los grupos noveles puedan tocar de forma gratis.La oferta pretende superar, dice la Xunta en una nota, los obstáculos con que se encuentran los conjuntos, ya que los costes de equipamiento e insonorización de tipo profesional son inasumibles para los jóvenes que comienzan.

Se trata, también de evitar la conflictividad con los vecinos y sortear las dificultades para la grabación de maquetas, lo que a juicio de la Dirección General de la Juventud, impulsora del proyecto, permitirá «dar el salto» al mercado discográfico y a la agenda de conciertos. Esta red, que según dijo Pérez Touriño se pretende que llegue a los 30 locales al final de la legislatura, intenta dar respuesta a las inquietudes musicales de los jóvenes y potenciar la creación y formación de grupos, así como la colaboración de los diferentes conjuntos.

También permitirá divulgar las iniciativas de las entidades incluidas en esta red, con lo que se contará con un portal en Internet que informará sobre la actividad de los distintos locales, y donde se podrán publicitar los grupos. La iniciativa se constituirá con la participación y colaboración de las corporaciones locales, y a ella podrán adherirse los locales de ensayo gallegos que reúnan una serie de requisitos mínimos en cuanto a acústica, equipamiento, seguridad y accesibilidad y podrán acceder a las líneas de ayudas públicas que se convocarán cada año.

Según la Xunta, esta iniciativa «se pone a la cabeza» de cualquier experiencia de este tipo puesta en marcha hasta el momento en el Estado o en el resto de Europa, ya que se trata de una red pública integrada por locales de titularidad municipal o autonómica, con lo que se garantiza el acceso gratuito de los jóvenes en condiciones de igualdad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia:

O Consello da Xunta autorizou o decreto de creación da Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude, unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude dependente da Vicepresidencia coa que se pretende potenciar e facilitar a creación, o estudo e a promoción musical dos mozos galegos, ao tempo que quere ser unha plataforma de encontro para a interacción cultural e o intercambio de experiencias musicais.

Trátase de ofertar locais de ensaio debidamente insonorizados e equipados con instrumentos de amplificación, nos que os grupos noveis poderán ensaiar de xeito gratuíto. Deste xeito, poderanse superar os obstáculos con que se atopan os conxuntos, xa que os custos de equipamento e insonorización de tipo profesional son inasumibles para os mozos e mozas que comezan na música, implicando moitas veces conflitividade cos veciños e tamén dificultades para a gravación de maquetas que permitirían dar o salto ao mercado discográfico e á axenda de concertos, hándicaps que teñen condenado a moitos grupos galegos a desaparecer rapidamente.

Trátase con esta rede de dar resposta ás inquedanzas musicais dos mozos e mozas galegos, propiciando os medios necesarios para que a xuventude con inquedanzas musicais, ben individualmente ou ben formando grupos –en todo caso noveis–, poidan contar con locais perfectamente acondicionados para os seus ensaios con acceso a medios técnicos profesionais. Así, preténdese tamén potenciar a creación e formación de grupos musicais, ao tempo que se quere impulsar unha enriquecedora cooperación entre os diferentes grupos a través da Rede.

Ademais, a Rede permitirá divulgar as iniciativas das entidades pertencentes á mesma, contando tamén para isto cun portal en Internet que informará sobre a actividade dos distintos locais e onde se poderán publicitar os grupos, acceder a calendarios de concertos ou a cortes de música que se vaian gravando. A Rede de Locais de Ensaio para a Xuventude será, deste xeito, unha plataforma de difusión cultural.

A Rede de Locais de Ensaio para a Xuventude constituirase coa participación e colaboración das corporacións locais, e a ela poderán adherirse os locais de ensaio do país que reúnan unha serie de requisitos mínimos en canto á súa acústica, equipamento, seguridade e accesibilidade. Os locais adscritos poderán optar así ás liñas de axudas públicas que se convocarán cada ano. Deste xeito, a iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude ponse á cabeza de calquera experiencia deste tipo realizada ata o momento no Estado ou no resto de Europa, xa que neste caso é unha rede pública, integrada por locais de titularidade municipal ou autonómica, co que se garante o acceso gratuíto e en condicións de igualdade a estes recursos.

A previsión da Dirección Xeral de Xuventude é que ao rematar a lexislatura esta Rede estea integrada, como mínimo, por 30 locais de ensaio.
R.