Ir o contido principal
iniciar sesión

Vilagarcía acoge el encuentro informático Galaecia.net entre el 14 y el 16 de septiembre

Información publicada en www.sociedadedainformacion.eu:

Do 14 ao 16 de setembro organízase en Vilagarcía de Arousa a segunda edición da Galaecia.net . Baixo a coordinación da Asociación Sil e o Concello de Vilagarcía este ano a 'party' inclúe por vez primeira obradoiros de formación, especialmente adicados ao software libre.

Con este obxectivo, Galaecia.net inclúe as seguintes actividades de formación:

VENRES, 14 DE SETEMBRO:
- L.A.M.P. (17:00 a 19:00): Instalación dun sistema xAMPP, servidor web, bases de datos e programación no servidor
- Sistemas UNIX (20:00 a 22:00): Relatorio sobre a arquitectura dun sistema UNIX.

SÁBADO, 15 DE SETEMBRO:
- Asterisk (12:00 a 14:00): Xestión dunha centralita VoIP (Asterisk)
- Active Directory (18:00 a 20:00): Integración dun servidor GNU/Linux con Active Directory
- Distribución Musix (20:00 a 22:00): Instalación e uso de Musix, introdución ao son e a física do son

DOMINGO, 16 DE SETEMBRO:
- Servidor de comunicacións en GNU/Linux (10:00 a 12:00): Configuración dun servidor de comunicacións en GNU/Linux (Enrutamento, enrutamento avanzado e balanceo de carga, Firewall, NAT, SMTP, POP3, IMAP, Webmail, PROXY)
R.