Ir o contido principal
iniciar sesión

La USC intercambia horas de estudio por euros para financiar proyectos solidarios

La Universidad de Santiago colaborará con las Organizaciones No Gubernamentales (ONG) Fundación Coopera y Cooperación Internacional en el desarrollo de la V Olimpíada Solidaria de Estudio, por la que se permutarán horas de estudio en bibliotecas universitarias por euros para proyectos solidarios en Guatemala, Haití, el Congo y Jerusalén.

Bajo el lema Non hai axuda pequena, la campaña validará cada hora de estudio de los alumnos en las bibliotecas universitarias de los campus de Santiago y Lugo por un euro que será donado por las empresas e instituciones patrocinadoras a proyectos solidarios.
El mecanismo para hacer el cómputo final de horas se llevará a cabo mediante la tarjeta universitaria de identidad, que será necesario pasar por el ordenador preparado a tal efecto cuando la persona entra y sale de la sala de estudio o biblioteca. No se computarán períodos superiores a tres horas consecutivas de estancia en el local.

En un comunicado, la USC explicó que el encargado de llevar a cabo la iniciativa será el Servizo de Participación e Integración Universitaria de la vicerrectoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social y recordó que el año pasado la experiencia permitió recaudar casi 10.000 euros en horas de estudio de estudiantes en Santiago.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

A Universidade de Santiago, a través do seu Servizo de Participación e Integración Universitaria da Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, colaborará coas ONGs Fundación Coopera e Cooperación Internacional no desenvolvemento da V Olimpíada Solidaria de Estudo pola que, ata o 7 de decembro, se permutan horas de estudo en bibliotecas universitarias por euros para proxectos solidarios en Guatemala, Haití, O Congo e Xerusalén. Na edición desenvolvida no pasado curso académico, só as horas de estudo dos estudantes da USC permitiron recadar preto de 10.000 euros.

Baixo o lema Non hai axuda pequena, nesta campaña validarase cada hora de estudo dos estudantes nas bibliotecas universitarias dos campus de Santiago e Lugo por un euro que será doado polas empresas e institucións patrocinadoras para os devanditos proxectos solidarios.

Tanto en Santiago como en Lugo habilitáronse varias salas de estudo. En Compostela os universitarios poderán participar na Olimpíada nas bibliotecas das facultades de Ciencias da Educación, Económicas, Ciencias da Comunicación, Xeografía e Historia, Filosofía, Química, Ciencias Políticas e Sociais, Matemáticas, Física, Psicoloxía, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e nas bibliotecas Xeral e Concepción Arenal. En Lugo, habilitáronse aulas na Biblioteca Intercentros, na Facultade de Veterinaria e na Escola de Formación do Profesorado.

O mecanismo para facer o cómputo final de horas lévase a cabo mediante a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI), que se será preciso pasar polo ordenador preparado ao efecto cando a persoa entra e cando sae da sala de estudo ou biblioteca na que vai estudar. Non se computarán períodos superiores ás tres horas consecutivas de estadía no local.

O diñeiro acadado nesta olimpíada destinarase a financiar un proxecto de capacitación profesional das mulleres maias do Altiplano en Guatemala; ao equipamento de talleres técnicos das catro escolas ‘Mains Ouvertes’ de Haití; a construír a escola infantil ‘Minzoto’ para nenos e nenas da poboación de Kinshasa (O Congo); e a equipar e capacitar o colexio Nosa señora do Pilar en Xerusalén, onde ademais se construirá un centro cultural.
R.