Ir o contido principal
iniciar sesión

Galicia, líder del lanzamiento en España de la plataforma educativa en Internet: Whyville.es

Galicia liderará el lanzamiento en España de la Plataforma Educativa Whyville.es, una ciudad virtual hispana dentro de la comunidad web de origen norteamericana Whyville.net, cuyos primeros resultados operativos darán sus frutos dentro de tres meses. Desde esta autonomía se expandirá el proyecto hacia los países latinoamericanos y a la comunidad hispana de Estados Unidos.

Para contar con esta moderna herramienta tecnológica basada en las posibilidades de utilización de Internet en el campo de la educación de niños y jóvenes, Galicia tuvo que competir con otras comunidades españolas, como Madrid y el País Vasco, en un "bonita batalla", según desveló el vicepresidente ejecutivo de la Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), que promueve esta iniciativa. Esta entidad gestionó el acuerdo firmado en Santiago por los representantes de los cuatro socios que constituirán la empresa promotora que se ubicará en Galicia. Así, Xesgalicia -entidad gestora de fondos de capital riesgo de la Xunta-, la Fundación Bankinter, Ibermática y Numedeon -firma con sede en California propietaria de Whyville.net- serán socios -con un 25% cada una- de la nueva compañía que se constituirá con un capital inicial de 2 millones de euros y que comenzará a desarrollarse en 2008. Riera confía en incorporar pronto nuevos socios.

Esta herramienta persigue generar una dinámica de funcionamiento basada en la interacción de niños y jóvenes, profesores y padres, por lo que la implicación de la comunidad educativa es muy importante. Por ello, la conselleira de Educación, Laura Sánchez, explicó que en un "primer paso" se implantará el proyecto "en una veintena de centros gallegos de primaria y secundaria, "luego" se trasladará "a todos" y, "por último", se "exportará" o otras comunidades y países. Whyville.es está dirigido a un grupo de niños entre 8 y 15 años que podrán aprender jugando participando en actividades didácticas de distintas disciplinas científicas y artísticas. Además de impulsar su espíritu emprendedor, desarrollarán su naturaleza creativa e innovadora a la vez que adquieren conocimientos y habilidades en disciplinas como las matemáticas, la física o el aprendizaje de idiomas.

Fernando Alfaro, director general de Bankinter, aseguró que el "reto" que asumen es "replicar el modelo de Zara en el mundo de la educación" y precisó que el objetivo del empleo no es cuantitativo -irá "de menos a más"-, sino que "se basa en el capital intelectual, y Galicia lo tiene de sobra", subrayó. Por su parte, el creador de esta iniciativa en Estados Unidos, James M. Bower, destacó que "una de las claves es que los niños por sí mismos se conviertan en emprendedores" y añadió que "uno de los mayores impactos" del proyecto "es que estos jóvenes puedan participar en la economía del futuro". También recordó a la Xunta que es esencial "la formación del profesorado", que asumió Laura Sánchez. José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía e Facenda, deseó que esta iniciativa "sea el inicio de una buena colaboración entre Galicia y California, que debe continuar en el futuro", y resaltó que se trata de un proyecto relacionado "con la sociedad de la información, con un componente internacional que liderará Galicia, y con la cooperación entre administración y empresas para multiplicar la eficacia y eficiencia de las actuaciones".

Nota de prensa remitida pola Xunta de Galicia:

Galicia albergará o lanzamento en España dunha moderna ferramenta tecnolóxica baseada nas posibilidades de utilización de Internet no campo da educación de nenos e xoves. Trátase de Whyville.es, unha cidade virtual hispana dentro da comunidade web de orixe norteamericana Whyville.net, que comezará dende Galicia a súa adaptación e desenvolvemento ao espazo castelán-falante. A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC) xestionou o acordo asinado hoxe en Santiago polos representantes dos catro socios que constituirán a empresa promotora que se ubicará en Galicia. Xesgalicia –entidade xestora de fondos de capital risco da Xunta de Galicia-, a Fundación Bankinter, Ibermática, e Numedeon –firma con sede en California propietaria de Whyville.net- serán socios –cun 25% cada un- da nova compañía que se constituirá cun capital inicial de 2 millóns de euros e que iniciará o seu desenvolvemento en 2008. O acordo foi asinado polo conselleiro de Economía e Facenda e presidente de Xesgalicia, José Ramón Fernández Antonio; o director xeral de Bankinter e responsable da área de Innovación da entidade, Fernando Alfaro Águila Real; o director xeral adxunto, Fernando Olmos, e o presidente de Numedeon Inc.e fundador de Whyville.net, James M. Bower. Ao acto tamén asistiron a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; e o vicepresidente executivo da FSC, Javier Riera.

Galicia acadou a atracción deste proxecto fronte a outras comunidades que competían por el, e que comezará a desenvolverse o próximo ano en centros de ensino públicos galegos. O obxectivo da versión hispana de ‘Whyville’ é desenvolver unha plataforma educativa que utilice as novas tecnoloxías para aprender xogando. A ferramenta persegue xerar unha dinámica de funcionamento baseada na interacción de nenos e xoves, mestres e educadores, e pais; polo que a implicación da comunidade educativa é moi importante. Neste sentido, a participación da Consellería de Educación permitirá a implantación do proxecto nunha vintena de centros galegos –tanto de Primaria como de Secundaria- nunha primeira fase. Ademais, ‘Whyville.es’ estará aberto a entidades públicas e privadas que queiran participar por medio de actividades específicas que teñan un obxectivo educativo.

‘Whyville.es’ está dirixido ao grupo de nenos entre 8 e 15 anos que poderán crear o seu ‘avatar’ no mundo virtual e participar en xogos didácticos de distintas disciplinas científicas e artísticas. Así, os nenos desenvolverán a súa natureza creativa e innovadora á vez que adquiren coñecementos e habilidades en terreos como as matemáticas, a física, ou a aprendizaxe de idiomas. Ademais, impulsará o espírito emprendedor dos nenos e facilitará a mestres e educadores a utilización das novas tecnoloxías para desenvolver novos métodos de ensinanza.

Xunto co principal obxectivo socio-educativo, o proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, a Fundación Bankinter, Ibermática e Numedeon implica tamén unha salientable vertente tecnolóxica e empresarial, polo seu potencial de creación de actividade e emprego no sector da enxeñería de software, deseño gráfico, e mesmo no ámbito da lingüística. Así, o proceso de adaptación do mundo ‘Whyville’ ao entorno hispano e a creación de sitios web temáticos dentro de ‘Whyville.es’ abre posibilidades no ámbito da xeración de tecnoloxía e da xeración de contidos; así como no ámbito da participación de entidades públicas e privadas. A educación e a formación do capital humano; o impulso da sociedade do coñecemento, a aplicación e extensión das novas tecnoloxías e a utilización selectiva dos recursos públicos no apoio á proxectos novidosos e potencialmente beneficiosos en termos sociais e económicos, son prioridades do Goberno galego que se materializan neste caso a través de Xesgalicia –dependente da Consellería de Economía e Facenda- e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A participación da xestora de fondos de capital risco da Xunta materializase a través do Fondo Emprende, e reflicte a estratexia de impulso do capital risco como fórmula de financiamento de proxectos empresariais e emprendedores.
R.