Ir o contido principal
iniciar sesión

Fomentar la conciencia crítica desde la alfabetización audiovisual, objetivo de Audiovisual nas Aulas 2008

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e o secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado García, presentaron o proxecto Audiovisual nas Aulas 2008. Este programa, elaborado conxuntamente pola Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Comunicación e o Consorcio Audiovisual de Galicia, ten como finalidade que os adolescentes estean en contacto desde a infancia coa linguaxe e os medios audiovisuais, de xeito que se contribúa ao obxectivo de promover o pensamento crítico dos escolares galegos desde a alfabetización audiovisual e multimedia.

Durante a súa intervención, a máxima responsable da Administración educativa autonómica salientou que “na Consellería de Educación temos a conciencia plena de que a linguaxe e a cultura audiovisual deben formar parte do ensino”, tendo en conta que “abrangue un amplo abano de temas educativos e formativos, eidos tan atractivos como a televisión, a animación ou as novas tecnoloxías”.

Neste senso, Sánchez Piñón destacou que “queremos que os nosos alumnos e alumnas adquiran unha formación crítica como espectadores e usuarios dos medios audiovisuais e que dispoñan das ferramentas necesarias para dominar a linguaxe audiovisual desde o punto de vista formativo e tamén persoal”. “Por iso, un dos retos deste programa é promover o pensamento crítico dos escolares desde a alfabetización audiovisual e multimedia”, subliñou a conselleira de Educación.

Na súa intervención, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, explicou que as cifras de participación do Programa Audiovisual nas Aulas consolidan a iniciativa dando mostra da súa “exitosa traxectoria e de que se vai polo camiño trazado”. Así referiuse aos 5.550 alumnos participantes nas sesións didácticas, aos máis de 7.000 asistentes a proxeccións de longametraxes galegas e aos máis de 4.000 alumnos que participaron nos diferentes talleres de animación, televisión e novas tecnoloxías.

Fernando Salgado destacou que a Xunta de Galicia considera ao sector audiovisual “como estratéxico”, valoración que esixe derivar a maior cantidade de recursos posibles de cara a súa potenciación. Neste sentido, recordou os obxectivos do Consorcio Audiovisual de Galicia, que pasan pola formación, promoción e difusión do audiovisual.

Por último, o secretario xeral de Comunicación salientou que o programa Audiovisual nas Aulas “é unha experiencia pioneira no estado español, que incluso se anticipou á normativa que neste sentido recolle a recente Lei do Cine aprobada polo Parlamento de España”.

O proxecto Audiovisual nas aulas comezou a súa traxectoria no curso académico 2003-04 coa participación de 12 centros educativos. Nas edicións sucesivas participaron 40 centros, na segunda edición, 59 na terceira, e 81 na cuarta. Na presente convocatoria serán 30 o número de centros que desenvolverán o programa. Así, desde o seu inicio teñen participado neste proxecto un total de 111 centros de ensino público de Infantil, Primaria e Secundaria, desde o comezo da experiencia.

Nesta nova edición o proxecto Audiovisual nas aulas vaise desenvolver en cinco fases. Os centros que xa participaron nas catro primeiras edicións é dicir, Iniciación ao Audiovisual no curso académico 2004-2005, Iniciación á Animación no 2004-2005, Iniciación a Televisión no 2005-2006 e Iniciación ás Novas Tecnoloxías, este ano realizarán obradoiros específicos. Os centros que non participaron en todas as edicións completarán o proxecto asumindo aquelas fases do programa que aínda non desenvolveron.

As fases que recolle o programa Audiovisual nas Aulas 2008 son as seguintes: Iniciación ás novas tecnoloxías, Iniciación á televisión, Iniciación á animación e Iniciación ao Audiovisual. A fase do programa referente á iniciación ás novas tecnoloxías consistirá na realización dun obradoiro de Curtas co Móbil denominado Mobilízate nas aulas. Os alumnos dos centros participantes realizarán películas de curta duración utilizando móbiles de última xeración, mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos nas anteriores edicións. Os alumnos colgarán os seus traballos nunha páxina web creada especificamente para o programa de xeito que aprendan tamén como é o funcionamento dunha web.

Na fase de iniciación á televisión os alumnos realizarán un obradoiro de televisión baseado nunha actividade lúdico-didáctica co fin de sumarse ao traballo desenvolvido nas anteriores edicións do programa. O obxectivo é a gravación dunha grella de televisión na que haberá varios xéneros televisivos. Cada colexio dedicarase á gravación dun tipo de programa para acadar unha programación variada.

No apartado de iniciación á animación os alumnos utilizarán a técnica stop-motion para gravar unha curta
R.