Ir o contido principal
iniciar sesión

Llegan a Galicia los primeros participantes en los campamentos de trabajo promovidos por Emigración

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral de Emigración promove o programa de campamentos e campos de traballo co obxecto de que os mozos e mozas galegos ou con ascendencia galega, e que residan fora de Galicia, redescubran a súa terra mediante uns días de convivencia con mozos galegos da súa mesma idade, desenvolvendo actividades de animación sociocultural e deportivas e integrándose durante este tempo na vida cultural da Galicia actual. O programa divídese en dúas modalidades de participación:

Campamentos
As actividades de campamentos están destinadas a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos e desenvolveranse a través da rotación entre campamentos e albergues xuvenís, de mar, de montaña ou de cidade, situados nas diferentes provincias galegas. Este ano ampliouse a idade tope de participación dos 18 aos 22 anos.

Durante a primeira quincena de xullo, e baixo o nome “Verde e azul”, terá lugar o primeiro dos campamentos. Os participantes estarán aloxados en tendas de campaña durante unha semana e realizarán actividades como sendeirismo, bicicleta, escalada en rocódromo, obradoiros, visitas e excursións. A segunda semana estarán en Gandarío onde se plantexan actividades variadas: actividades náuticas, vela lixeira, excursións etc.

Do 16 ao 30 de xullo desenvolverase o segundo dos campamentos co nome “Rotas coñece Galicia”. Rotando desde unha instalación inicial a unha intermedia e a outra final, con cinco días de estancia en cada unha, os rapaces coñecerán os lugares de interese histórico cultural e turístico das catro provincias galegas

Campos de traballo
Este é o primeiro ano que se realizan e os seus participantes, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, terán a oportunidade de participar, durante a súa estancia en Galicia, en distintas actividades relacionadas co voluntariado e o tempo libre:
campos de traballo arqueolóxico en Cuntis (Pontevedra), en Formigueiros (Lugo), en Palas de Rei (Lugo), en Boiro (A Coruña); campos de traballo medioambiental/arqueoloxía nas Illas Cíes (Vigo-Pontevedra), en Laioso-Esgos (Ourense) e en campos de traballo cultural-etnográfico en Moaña (Pontevedra).

O programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo para a Galicia do exterior é o resultado dunha intensa colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar.
R.