Ir o contido principal
iniciar sesión

Disponible en la web toda la información sobre el XII Salón del Cómic de Cangas

Nota de prensa remitida por el Ayuntamiento de Cangas do Morrazo:

Xa está operativa a nova páxina web do Salón do Cómic de Cangas (Pontevedra), impulsado pola Concellería de Xuventude. No enlace www.salondocomicdecangas.com está dispoñible toda a información sobre a duodécima edición do evento, que se celebra do 21 ó 27 de xullo. Poden consultarse tamén datos dos anos anteriores, cunha navegación moi doada que se estrutura en diferentes apartados.

O portal amosa un deseño unificado que manterá unha estética común ó longo das vindeiras edicións do Salón do Cómic para acadar unha meirande identificación, aínda que cada ano se adaptará a imaxe ó debuxo do cartel anunciador. En 2008, o cartaz está inspirado na garita do monte do Facho, que vén sendo o logotipo do evento nos últimos tempos. O póster foi elaborado por Kenny Ruiz, autor convidado en 2007 e que nese ano visitou as escavacións arqueolóxicas do Facho xunto ó resto de participantes e o Concelleiro de Xuventude, Óscar Graña.

Ademais do programa completo e as últimas novas sobre o Salón do Cómic, na web atópanse todos os datos da biografía e a obra dos convidados: Manel Fontdevila, Tirso Cons e Al Barrionuevo, así como dos autores que participaron en edicións previas. Poderán descargarse tamén en formato pdf os seis números da revista ‘O Tebeo’, editada pola Concellería de Xuventude. Esta publicación reúne os traballos gañadores do Certame de Cómic que o departamento municipal convoca cada ano por estas datas.

Tendo en conta a ampla repercusión do Salón do Cómic de Cangas, a páxina incorpora mapas e explicacións nun dos seus apartados para que todos os interesados saiban cómo chegar ó municipio, á Casa da Xuventude e ó edificio do Auditorio, onde se desenvolven as actividades. De feito, a web pode atoparse en dous idiomas: galego e castelán.
R.