Ir o contido principal
iniciar sesión

Comienza el rodaje de la película A casa da luz

Nota de prensa remitida por Filtro Comunicación:

Comezou en Baio (A Coruña) a rodaxe do filme infantil “A casa da luz”. A localidade é a primeira parada do equipo de Vimbio Filmes, que grabará aquí boa parte dos exteriores da película.

Con este fin se trasladou a pasada semana á carballeira de Baio a embarcación “Antonio Manuel”, un antigo barco pesqueiro de construción tradicional en madeira, con13,50 metros de eslora, 3,86 de manga e 1,50 de puntal, que será a vivenda dun dos personaxes da historia e un elemento fundamental nos decorados desta primeira fase da rodaxe.

Nos próximas duas semanas está previsto que se roden en Baio algunas das escenas máis importantes do filme, para as que se precisarán, ademáis dos actores principias, un bo número de figurantes.

Posteriormente, o equipo de Vimbio Filmes trasladarase a outras localidades galegas, como o entorno de Betanzos, donde está previsto continuar coas localizacións ata a finalización da rodaxe o 1 de setembro.

“Á casa dá Luz”, adaptación da novela do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Xabier Docampo, é un novo proxecto do produtor Xosé Xoan Cabanas Cao e do director Carlos Amil. Será unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nenos que se realizan en Galicia e rodarase integramente en galego.

A rodaxe do filme fíxose coincidir co verán, de maneira que non interfira no curso escolar dos actores, que na súa maioría son nenos de entre 8 e 13 anos.

A novela "Á casa dá Luz", editada por Edicións Xerais, narra a aventura dun grupo de nenos utilizando como fío condutor a desaparición dun amigo nun mundo descoñecido e misterioso. "É unha viaxe fantástica para recuperar os amigos", resumo.

A adaptación cinematográfica foi realizada por Carlos Amil e Xosé Xoán Cabanas Cao, que coinciden en cualificar o proxecto como unha película moi imaxinativa, pero non de fantasía, na que o público obxectivo, os nenos, serán tratados "como espectadores intelixentes".

Esta será a segunda película de Carlos Amil, que se estreou na dirección co filme Branca Madison (2003). "Un dos maiores alicientes deste novo proxecto é que se trata dunha película de aventuras dirixida a todos os públicos, e tamén que partimos da adaptación dun texto de Xabier Docampo -asegura-. Outro dos atractivos é que o deseño conceptual recaerá en Xosé Cobas, que procede do mundo da ilustración e que pode achegar algo moi interesante dende este punto de vista".

"Un dos obxectivos é facer un proxecto de raíces absolutamente galegas en todo o seu ámbito de creación: obra preexistente, director, produtor, director conceptual, actores, técnicos,..., aínda que sen renunciar á vocación internacional", afirman.

"Trátase dunha película absolutamente novidosa na cinematografía española e que será moi ben recibida -adiantan-. O punto de partida permitirá facer un achegamento totalmente inédito en España". Polo momento, o proxecto foi moi ben acollido en todos os ámbitos nos que se presentou. "Levantar un proxecto cinematográfico non é doado, e menos dende Galicia, pero este ten uns valores sobresaíntes e moito talento detrás", conclúe Cabanas Cao.

R.