Ir o contido principal
iniciar sesión

La Universidad de Santiago de Compostela rinde homenaje a Voces Ceibes como parte de la banda sonora de la lucha antifranquista en Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Voces Ceibes, ao que o vicerreitor Elias Torres cualificou como ‘a banda sonora da loita antifranquista en Galicia’ volve resoar na Facultade de Medicina o xoves 4 no transcurso dunha homenaxe que a USC lle tributará ao grupo musical. Integrantes da agrupación e de Ataque Escampe ofrecerán un concerto homenaxe que conducirán Manuel Pombo Arias e Bea Méndez a partir das 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina. Ademais, os integrantes do grupo descubrirán unha placa, no mesmo Salón de Actos do centro, en conmemoración do 40 aniversario dos seus primeiros concertos como agrupación, o primeiro o 26 de abril de 1968 e o seguinte xa o día 1 de decembro no Capitol.

Os actos homenaxe a este movemento musical xurdido nas aulas da USC presentáronos este mércores en rolda de prensa o vicerreitor de
Cultura, Elias Torres; o coordinador dos actos, Ricardo Gurriarán; e
Víctor Santidrián, en representación da Fundación 10 de Marzo.

A homenaxe é, segundo explicou o vicerreitor, “unha actividade de
futuro que comezou a acontecer hai 40 anos”, polo que o acto deste
xoves dará continuidade a “unha secuencia inacabada, que vai seguir
dando froitos no futuro para unha sociedade mellor”.

Á xornada está prevista a asistencia, entre outros, do presidente da
Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; do seu homólogo do Principado
de Asturias, Vicente Álvarez Areces; dos vicerreitores de Cultura e de
Relacións Institucionais da USC, Elias Torres e Lourenzo Fernández,
respectivamente; e do decano da Facultade, José M. Fraga.

A sesión comezará ás 19:30 horas co descubrimento por parte do
presidente da Xunta de Galicia dunha placa dedicada aos membros da
comunidade universitaria represaliados no curso 1967/1968 e a todos os que loitaron pola liberdade durante a ditadura franquista.

Xa ás 20:00 horas comezará á homenaxe propiamente a Voces Ceibes,
primeiro coa intervenciós dos seus integrantes para posteriormente
proceder ao descubrimento da placa conmemorativa con debuxos de
Acisclo Manzano. As autoridades académicas entregarán réplica desta
placa a cada un dos integrantes da agrupación.

Voces Ceibes é un movemento musical que xorde nas aulas da institución docente compostelá nuns momentos de tensa conflitividade e que se estenderán ao longo do curso 1967-1968. Algúns dos integrantes deste colectivo son hoxe membros do profesorado da USC como Guillermo Rojo ou Jaime Barreiro.
R.