Ir o contido principal
iniciar sesión

La Universidad de Santiago de Compostela (USC) oferta 72 Cursos de Verano en 2009

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela:

Dezasete vilas galegas, ademais de Lugo e Santiago, serán sede dalgún dos setenta e dous cursos que a Universidade de Santiago organizará entre os meses de xullo e setembro deste ano. A programación da Universidade de Verán da USC, a máis ampla na historia desta institución, presentárona en Fonseca o reitor Senén Barro, a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, e o responsable dos cursos, Pablo Sampedro, que agarda superar os 3.750 matriculados da edición anterior.

A nova denominación, ‘Universidade de Verán’, implica unha reorientación cualitativa da programación que se caracteriza por unha importante descentralización xeográfica, coa existencia de catro campus de verán e outras numerosas sedes en todo o territorio galego xunto coa oferta propia dos campus da USC. Así, serán trinta e tres no Campus de Santiago; seis no de Lugo; cinco en Muros; catro en Sarria, os mesmos que en Vilagarcía de Arousa; tres en Guitiriz e en Seoane do Courel; dous en Moaña e outros tantos en Ribadeo; e, finalmente, un en Bande, Burela, Caldas de Reis, Foz, Lalín, Lousame, Mondoñedo, Noia, Ordes e Sanxenxo.

Pero non só se amplían as sedes dos cursos, tamén a propia oferta é maior este ano e introducíronse novas modalidades (xunto aos de máis de 30 horas existen outras posibilidades en duración e formato). Ademais, estendeuse o calendario aos meses de agosto e setembro e aumentouse o número de bolsas de matrícula gratuíta a 216, que deberán solicitarse entre o 11 e o 22 de maio.

O prazo para matricularse nos cursos abrirase o 25 de maio para os que a efectúen en liña por internet e a partir do 15 de xuño para quen a formalice de maneira presencial. A inscrición rematará dependendo do inicio dos cursos.

En Santiago, e no mes de xullo, desenvolveranse cursos sobre protección das vítimas dos conflitos armados, educación e vida saudable, o menor en perspectiva xurídica, Europa á luz da diferenza, plurilingüismo na escola, investigación criminal en España, dereito en serio e de broma, competencias científicas na aula de ciencias, cooperación para o desenvolvemento, xerontoloxía, tráfico e seguridade vial, televisión e ficción, movemento e danza como inspiración na aprendizaxe, bioinformática, emprendemento, robótica, dirección de proxectos, relacións laborais e globalización, rehabilitación social dos presos, dereito á saúde, Galicia e o medioambiente, a revolución do Software Libre 2009, a sociedade do coñecemento en tempos de crise, Ubuntu GNU/Linux 2009 e a “espectacularización” da cultura.

Xa en setembro os cursos versarán sobre edición de textos en LaTeX, o combate contra a pobreza, a tutela internacional dos dereitos e liberdades públicas fundamentais, a prestación de servizos sanitarios, o Software Libre e a Lingüística, biocombustibles, educación e dereitos humanos e economía doméstica e uso do tempo dos fogares.

O cabalo, os fundamentos de proxectos industriais, a seguridade alimentaria, a xestión de actividades deportivas, a planificación estratéxica territorial aplicada á análise provincial e dereito e saúde son os cursos de verán a desenvolver entre xullo e setembro en Lugo

O Campus de Verán de Muros acollerá seminarios sobre innovación na pesca de baixura, accidentes de tráfico, a xestión integral do patrimonio arqueolóxico, o conflito e as súas técnicas de solución e certificacións e calidade no turismo.

No de Sarria trataranse cuestións como o desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo, educación emocional e comunicación non violenta na sociedade da información, patrimonio natural e desenvolvemento rural no entorno das serras orientais do Camiño de Santiago en Galicia e paisaxe e comunicación no Camiño de Santiago.

A auga como ben de consumo, a violencia de xénero, a dislexia e a xustiza en relación ás novas tecnoloxías serán as temáticas dos cursos do Campus de Verán de Vilagarcía de Arousa. Por último, no de Guitiriz impartiranse tres sobre cultura e paisaxe, xestión das augas residuais no ámbito rural e comunicación e deporte.

A ornitoloxía, a paisaxe no Courel, a inmunoloxía, a pesca do bacallau no século XX, a agroecoloxía, o patrimonio arqueolóxico, a inmigración e o desenvolvemento local, a inmigración, infancia e escola na Historia do Cine, estado de benestar e xénero , xestión do patrimonio industrial, espazos naturais protexidos nun mundo en cambio, as vilas e portos na fachada cántabro-atlántica nos séculos XII-XVI, a xestión ambiental nos concellos galegos e o impacto socioeconómico do turismo do século XXI serán as temáticas do resto dos cursos da Universidade de verán da USC 2009.

RELACIÓN DE CURSOS

CAMPUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dereitos humanos e protección das vítimas dos conflitos armados no actual contexto internacional
Datas: 7 a 9 de xullo
Dirección: Jorge Pueyo Losa e Julio Jorge Urbina

Educación e vida saudable: servizos, programas e iniciativas para a inclusión social
Datas: 7 a 10 de xullo
Dirección: José Antonio Caride Gómez e Rita Gradaílle Pernas

O menor en perspectiva xurídica: fórmulas de protección interna e internacional
Datas: 7 a 10 de xullo
Dirección: Marta Requejo Isidro

Repensarmos Europa á luz da diferenza. Procesos emerxentes e enclaves culturais
Datas: 8 a 10 de xullo
Dirección: Raquel Bello Vázquez e María do Cebreiro Rábade Villar

Plurilingüismo na escola: ensino de segundas linguas en contextos académicos
Datas: 8 a 10 de xullo
Dirección: Teresa Díaz García, Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela

Testemuñas que nunca menten: métodos e técnicas de investigación criminal en España (II)
Datas: 7 a 9 de xullo
Dirección: Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas

Dereito en serio e de broma
Datas: 8 a 10 de xullo
Dirección: José Mª Miranda Boto

Competencias científicas na aula de ciencias: o uso de probas e a argumentación en secundaria
Datas: 8 a 14 de xullo
Dirección: Juan Ramón Gallástegui Otero

O enfoque baseado en dereitos humanos na cooperación para o desenvolvemento: fundamento e práctica
Datas: 13 a 15 de xullo
Dirección: Irene Rodríguez Manzano e Carlos Teijo García

Actualización en Xerontoloxía: habilidades e coñecementos necesarios para o traballo con maiores
Datas: 13 a 16 de xullo
Dirección: Manuel Gandoy Crego

Tráfico e seguridade vial: regulación e consecuencias xurídicas dunha condución irresponsable
Datas: 13 a 16 de xullo
Dirección: Lotario Vilaboy Lois

Televisión e ficción III
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Xosé Nogueira Otero

O movemento e a danza como inspiración na aprendizaxe
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Carol Gillanders

A bioinformática como ponte entre a xenética e as súas aplicacións industriais e biomédicas
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: José A. Álvarez Dios

Competencias e habilidades profesionais para universitarios/as emprendedores/as
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Loreto Fernández Fernández

Xornadas de control automático e robótica con ferramentas Open Source 2009 (XCARFOS 09)
Datas: 14 a 17 de xullo
Dirección: Tomás Fernández Pena e Xulio López Albín

Aspectos avanzados da dirección de proxectos
Datas: 14 a 17 de xullo
Dirección: Manuel Francisco Marey Pérez

Relacións laborais e globalización
Datas: 14 a 17 de xullo
Dirección: Yolanda Maneiro Vázquez

A rehabilitación social dos nosos presos: unha tarefa colectiva (especial referencia ao caso galego)
Datas: 14 a 17 de xullo
Dirección: José M. Lorenzo Salgado

Dereito á saúde: o papel dos profesionais sanitarios nos proxectos de cooperación
Datas: 15 a 17 de xullo
Dirección: Ernesto Smyth Chamosa

Galicia e o medioambiente. Unha visión interdisciplinar
Datas: 20 a 23 de xullo
Dirección: José M. Vila Abad e Susana López Estévez

A revolución do Software Libre 2009 (OSREVOLUTION 09)
Datas: 20 a 24 de xullo
Dirección: Tomás Fernández Pena

A sociedade do coñecemento en tempos de crise: entre o público e o privado
Datas: 21 a 24 de xullo
Dirección: Óscar Rodil Marzábal

Introdución a Ubuntu GNU/Linux 2009 (UBUNTU 09)
Datas: 27 a 31 de xullo
Dirección: Tomás Fernández Pena

A “espectacularización” da cultura
Datas: 28 a 31 de xullo
Dirección: Miguel Anxo Rodríguez González

Edición de textos en LaTeX
Datas: 15 a 18 de setembro
Dirección: Rosana Rodríguez López

Combater a fame e a pobreza, proxecto de todos
Datas: 16 a 18 de setembro
Dirección: Alfredo Macías Vázquez

A tutela internacional dos dereitos e liberdades públicas fundamentais
Datas: 17 a 19 de setembro
Dirección: Ramom Lôpez-Suevos Fernández

A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI
Datas: 21 a 24 de setembro
Dirección: Belén Trigo García

O Software Libre e a Lingüística (LINGUA 09)
Datas: 21 a 24 de setembro
Dirección: Enrique Estévez Fernández

Biocombustibles: retos e oportunidades
Datas: 21 a 24 de setembro
Dirección: Juan M. Lema Rodicio

Educación, dereitos humanos e cidadanía
Datas: 22 a 24 de setembro
Dirección: Manuel Dios Diz e Ramón Sánchez Rodríguez

Economía doméstica e uso do tempo dos fogares: reflexións á luz do caso galego
Datas: 22 a 25 de setembro
Dirección: María Xosé Rodríguez Galdo


CAMPUS DE LUGO

O cabalo: do benestar animal ao benestar social. Alternativas para o profesional veterinario
Datas: 9 e 10 de xullo
Dirección: Vicenta Rueda Núñez

Fundamentos de proxectos industriais e regulamentacións aplicadas na súa redacción
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Francisco Fraga López e Jorge Rivera Gómez

Novas perspectivas en seguridade alimentaria
Datas: 13 ao 17 de xullo
Dirección: Alberto Cepeda Sáez e Carlos Manuel Franco Abuín

Perspectivas actuais da xestión de actividades deportivas
Datas: 10 e 11 de setembro
Dirección: José Vázquez Tato

A planificación estratéxica territorial aplicada á análise provincial
Datas: 16 a 18 de setembro
Dirección: Alberto Meijide Vecino e Francisco Sineiro García

Dereito e saúde: solucións xurídicas ante situacións conflitivas relacionadas coa saúde das persoas
Datas: 21 a 24 de setembro
Dirección: Lotario Vilaboy Lois


CAMPUS DE VERÁN DE MUROS

Innovar en actividades tradicionais: innovación na pesca de baixura
Datas: 20 e 21 de xullo
Dirección: Manuel González López

Accidentes de tráfico: unha abordaxe multidisciplinar
Datas: 29 a 31 de xullo
Dirección: Ramón Arce Fernández e Francisca Fariña Rivera

A xestión integral do patrimonio arqueolóxico. Modelos, métodos e técnicas aplicables ó caso dos petróglifos
Datas: 17 a 21 de agosto
Dirección: Josefa Rei Castiñeiras

O conflito e as súas técnicas de solución: a negociación e a mediación
Datas: 22 a 24 de setembro
Dirección: Raquel Castillejo Manzanares

Certificacións e calidade no turismo
Datas: 29 e 30 de setembro
Dirección: Xosé Manuel Santos Solla


CAMPUS DE VERÁN DE SARRIA

O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo: sectores forestal, agropecuario e servizos
Datas: 8 a 11 de xullo
Dirección: José Federico García Fernández e Manuel Gómez Díaz

Educación emocional e comunicación non violenta na sociedade da información. Bulling, ciberbulling e violencia de xénero
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Mª Lina Iglesias Forneiro

Patrimonio natural e desenvolvemento rural no entorno das serras orientais do Camiño de Santiago en Galicia
Datas: 27 a 30 de xullo
Dirección: Elvira Díaz Vizcaíno e José Díaz Fuentes

Camiño de Santiago: paisaxe e comunicación
Datas: 28 de xullo a 1 de agosto
Dirección: Luís Celeiro Álvarez


CAMPUS DE VERÁN DE VILAGARCÍA DE AROUSA

A auga como ben de consumo: medioambiente e sociedade
Datas: 7 a 10 de xullo
Dirección: Fernando Cobo Gradín e Mª José Servia García

Un mundo de iguais: loitando pola igualdade e contra a violencia de xénero
Datas: 15 a 17 de xullo
Dirección: Raquel Castillejo Manzanares

Dislexia: implicacións na linguaxe verbal e matemática
Datas: 14 a 18 de setembro
Dirección: Paula Outón Oviedo

Xustiza e novas tecnoloxías: a modernización da Xustiza en España, unha tarefa pendente
Datas: 15 a 17 de setembro
Dirección: Mª Lourdes Noya Ferreiro


CAMPUS DE VERÁN DE GUITIRIZ

Cultura e paisaxe
Datas: 7 a 10 de xullo
Dirección: Roxelio Pérez Moreira

Xestión das augas residuais no ámbito rural
Datas: 13 a 15 de xullo
Dirección: Tomás Cuesta García e Joaquín Suárez López

Comunicación e deporte
Datas: 17 a 19 de xullo
Dirección: Eugenio A. Rodríguez Núñez


SEOANE DO COUREL

Curso de Ornitoloxía aplicada
Datas: 6 a 9 de xullo
Dirección: José Guitián Rivera

Condicións ecolóxicas, actividade humana e paisaxe no Courel
Datas: 13 a 16 de xullo
Dirección: Luis Guitián Rivera

O Courel como espazo educativo. Recursos didácticos
Datas: 7 a 11 de setembro
Dirección: Manuel Antonio Fernández Domínguez


MOAÑA

Inmunoloxía na sociedade
Datas: 7 a 10 de xullo
Dirección: Óscar J. Cordero Santamaría

A pesca do bacallau no século XX: historia, economía e traxectorias vitais
Datas: 20 a 22 de xullo
Dirección: Jesús Giráldez Rivero


RIBADEO (Centro de formación e experimentación agroforestal PEDRO MURIAS)

Agroecoloxía e desenvolvemento rural sustentábel II
Datas: 20 a 24 de xullo
Dirección: Xan Neira Seijo, Anna Cervera Iglesias e Rosa María Novoa Martínez

Obradoiro agroecoloxía e cinema
Datas: 20 a 24 de xullo
Dirección: Xan Neira Seijo, Fabienne Wateau e Baptiste Buob


BANDE – OURENSE (Centro Arqueolóxico AQUIS QUERQUENNIS)

Patrimonio arqueolóxico e turismo: unha maneira de publicitar o noso pasado
Datas: 10 a 12 de setembro
Dirección: Antonio Rodríguez Colmenero


BURELA

Inmigración e desenvolvemento local: as claves educativas e sociais
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Miguel A. Santos Rego


CALDAS DE REIS

Inmigración, educación e transformación social
Datas: 6 a 10 de xullo
Dirección: Mar Lorenzo Moledo e Begoña Castro Martínez


FOZ

Infancia e escola na Historia do Cine
Datas: 20 a 24 de xullo
Dirección: Eugenio Otero Urtaza


LALÍN

Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: estado de benestar e xénero (participación social – corresponsabilidade – dependencia – xestión dos tempos)
Datas: 7 a 10 de xullo
Dirección: Mª José Méndez Lois e Mª Jesús Payo Negro


LOUSAME

Xestión do patrimonio industrial
Datas: 27 e 28 de agosto
Dirección: Xoán Carmona Badía


MONDOÑEDO

Espazos naturais protexidos nun mundo en cambio
Datas: 13 a 17 de xullo
Dirección: Pablo Ramil Rego


NOIA

Vilas e portos na fachada cántabro-atlántica, séculos XII-XVI
Datas: 21 a 24 de xullo
Dirección: Elisa Ferreira Priegue


ORDES

A xestión ambiental nos concellos galegos
Datas: 7 a 11 de setembro
Dirección: Francisco José Peña Castiñeira


SANXENXO

Avaliación do impacto socioeconómico do turismo do século XXI
Datas: 13 a 15 de xullo
Dirección: Melchor Fernández Fernández
R.