Fomentar el conocimiento de las ventajas de una correcta y sana alimentación, principal objetivo de la campaña de consumo de fruta en las escuelas

O director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, José Álvarez Robledo, ofreceu unha rolda de prensa para dar a coñecer a campaña “Plan de consumo de froita nas escolas”, coa finalidade de fomentar hábitos saudables como é o caso da correcta alimentación entre os escolares galegos.
Este proxecto, promovido pola Comisión Europea e na que traballa a Consellería do Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), baséase na distribución de froitas e hortalizas transformadas aos estudantes de infantil, primaria e educación secundaria. Produtos saudables e recomendados como kiwis, mazás, peras, plátanos e mandarinas; coa posibilidade de incorporar outras froitas frescas de tempada como cereixas, ameixas, amorodos, figos ou uvas.
O titular de Produción Agropecuaria, enfatizou o feito de que na Unión Europea se calcula que o sobrepeso afecta a 22 millóns de nenos, dos cales, máis de 5 millóns son obesos e se estima que esta cifra aumente en 400.000 cada ano. Este proxecto pretende contribuír a unha mellor alimentación entre os mozos para poder desempeñar un papel importante na loita contra este problema.
A froita que se entregará os centros educativos terá que ser consumida nas dependencias do establecemento escolar no momento do recreo, evitando o consumo inadecuado de graxas saturadas. O período mínimo de reparto da froita entre os alumnos do centro será dunha semana e o máximo de catro, establecendo o seu consumo de xeito continuo.
A campaña conta cun orzamento máximo de 468.865,33 euros, dos cales, o 75% da axuda provén de Fondos FEAGA e un 25% da propia Xunta de Galicia; ofrecéndolle a preto de 78.000 nenos a posibilidade de comer axeitadamente no seu lugar de ensino.
O prazo para solicitar as axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares remata o vindeiro 30 de outubro, unha vez publicada a solicitude no Diario Oficial de Galicia (DOG).
R.