El Centro Dramático Galego (CDG) abre nueva etapa con As Furias y más de 40 funciones

La primera de ellas es Materia Prima, obra de la compañía La Tristura que inaugura este viernes 9 de marzo la nueva cartelera del teatro santiagués. La obra cuenta con la singularidad de que será interpretada por niños de 10 años.
Cendán ha explicado que las formaciones gallegas asumirán el protagonismo de la programación. La primera llegará de mano de Teatro de Ningures, que interpretará en el Salón Teatro del 16 al 18 de marzo la obra '0,7% Molotov', por la que su director, Santiago Cortegoso, es finalista del Premio Max 2012 al mejor autor teatral en gallego.
Del 20 al 22 de marzo, Producións Teatrais Excéntricas pondrá en escena 'Oeste Solitario', mientras que la nueva compañía O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira presentará los días 28 y 29 de abril su espectáculo de debut, 'Sesión Nº1', dedicado al mundo slapstick, el género cómico de la era del cine mudo. Además, los días 11, 12 y 13 de mayo la compañía Pífano Teatro estrenará 'Winnie son eu', tragicomedia dirigida por María Armesto que cuenta con la presencia de Mela Casal, en el papel de protagonista.
Ya en junio, Gayo Pinheiro representará los días 1 y 2 su primera puesta escénica, Área de descanso, inspirada en el código del cabaré, y la compañía Obras Públicas presentará a los espectadores 60 de minutos de música, fútbol y teatro con 'O fútbol é así', durante los días 8,9 y 10 de junio. Junto a esto, la oferta escénica también incluye la gala de entrega del VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que tendrá lugar el 15 de mayo, así como la Ronda Poética.
Para el Día das Letras Galegas, O Batallón Literario da Compañía Femme Fatale desarrollará actuaciones teatrales en la calle. Como cierre del mes, y del 21 al 30 de mayo, el Salón Teatro repetirá como sede de la Mostra Internacional de Teatro Universitario de la USC.
En cuanto a la danza contemporánea, Cendán ha informado de que la creadora y coreógrafa Mónica García interpretará el 30 y 31 de marzo la obra 'La velocidad de las cosas', mientras que el 4 y 5 de mayo la compañía Entremans representará Blondys coffee. Peza soa para dúas mulleres. En lo referente a la música, el grupo Liorna abrirá el 22 de marzo una nueva entrega del ciclo de conciertos 'ST Música Presente'. A este recital le seguirán otros cuatro directos a cargo de Riobó, del 26 de abril; Borja Cao Trío, el 10 de mayo; Ugia Pedreira y Fred Martins, el 7 de junio; y Loaira, el 14 de junio. Dentro de la oferta musical, el Coro da Rá presentará los días 16 y 17 de junio su nuevo repertorio.
El secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ha asegurado que esta nueva programación es una "prueba" del "compromiso" de la Xunta con la cultura y las industrias culturales de Galicia. Lorenzo ha resaltado que se trata de una programación "plural y diversificada" que mantiene "la calidad y la estabilidad".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 7 de setembro no Salón Teatro de Santiago a súa próxima produción, As furias, que ofrecerá catro textos do norteamericano Neil LaBute baixo a dirección escénica de Andrés Lima, recoñecido como un dos principais renovadores da actual escena española polo seu traballo xunto á compañía Animalario. No mes de xullo darán comezo os ensaios deste novo espectáculo, para o que se seleccionará un elenco de sete actores e actrices, segundo confirmou Blanca Cendán, directora da compañía dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
No novo plano de actividade do CDG presentado hoxe en rolda de prensa figuran, así mesmo, as máis de 40 funcións escénicas e musicais que programa o Salón Teatro ata mediados de xuño e a continuidade do labor formativo dirixido aos profesionais da escena. Xunto con Blanca Cendán, participaron nesta presentación Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais); e Pablo Fidalgo, artista e creador vigués integrante de La Tristura, que inaugura mañá venres 9 a nova carteleira do escenario compostelán.
Anxo Lorenzo subliñou durante a súa intervención que, coa actividade do CDG para os próximos meses, “queremos seguir dando pequenos pasos adiante no camiño da dinamización e do fortalecemento das artes escénicas de Galicia”. O secretario xeral tamén incidiu nas características deste novo período de actividade, “que dan mostra do interese por manter o apoio á produción dramática galega e por garantir a pluralidade e posta en escena das nosas disciplinas artísticas”.
Pola súa banda, a directora do CDG detallou os contidos deste novo calendario, que inicia mañá ás 20.30 horas a compañía madrileña La Tristura cunha única función da montaxe de teatro e danza Materia prima. O espectáculo, que conta coa singularidade de estar interpretado por nenos de 10 anos a pesar de se dirixir a un público adulto, visita Galicia grazas á colaboración entre o Centro Dramático e o Festival ALT de Vigo.
A continuación, as formacións galegas asumirán o protagonismo desta programación, que presenta outros nove espectáculos de teatro, danza contemporánea e cabaré, así como a gala de entrega do VI Diario Cultural de Teatro Radiofónico e unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela.
Blanca Cendán avanzou que, ao tempo que mantén a actividade no Salón Teatro, a compañía pública traballa xa na preprodución de As furias. O director madrileño Andrés Lima, gañador de tres premios Max e do Premio Nacional de Teatro en 2005 con Animalario, compañía da que é integrante e director habitual das súas montaxes, asinará tamén a dramaturxia dos catro textos do director de cine, guionista e dramaturgo Neil LaBute –The Furies, Helter Skelter, Iphigenia in Orem e Medea Redux– que darán forma a esta nova proposta. Trala súa estrea, o espectáculo permanecerá dous meses en cartel na sede do CDG.
Vida de parella, amor, desamor, celos, sospeita, desconfianza, paixón desmedida, angustia vital, precariedade laboral e moito humor son os ingredientes destas catro pezas curtas, que conforman unha unidade traxicómica para definir con precisión as relacións afectivas.
Ata que dean comezo os ensaios deste próximo espectáculo do Centro, o Salón Teatro continuará erguendo o seu pano para dar cabida ao amplo abano de propostas multidisciplinares que configuran a súa programación ata xuño. Mañá será a quenda de Materia prima, que acaba de ser seleccionada como candidata por Madrid aos Premios Max 2012 dentro da categoría de Mellor Espectáculo Revelación.
Este espectáculo é o resultado dun estudo sobre a herdanza, a educación e o futuro da xeración dos oitenta, que comezou en 2004 coa obra Actos de juventud, a anterior produción de La Tristura interpretada daquela polos seus creadores, catro mozos duns 25 anos de idade: Itsaso Arana, Pablo Fidalgo, Violeta Gil e Celso Giménez. Agora cédese o contido autobiográfico e o testemuño xeracional a rapaces nacidos despois do ano 2000, de xeito que catro cativos de 10 anos –Lucía Oña, Gonzalo Herrero, Siro Ouro e Candela Recio– son os protagonistas da peza.
Canto ao teatro galego, ofreceranse sete espectáculos a cargo doutras tantas compañías, entre as que hai formacións consagradas, outras de recente ou nova creación, unha estrea absoluta, un espectáculo de cabaré e outro de teatro de rúa. A primeira achega galega preséntase da man de Teatro de Ningures, que estará no Salón Teatro do 16 ao 18 de marzo coa montaxe 0,7% Molotov, pola que o seu director Santiago Cortegoso é finalista ao Premio Max 2012 ao mellor autor teatral en galego.
A directora do CDG facilitou os principais detalles desta programación, dentro da que Producións Teatrais Excéntricas porá en escena do 20 ao 22 de marzo o seu Oeste solitario, montaxe que tamén opta aos Premios Max na categoría de mellor espectáculo revelación como candidata por Galicia, mentres que a nova compañía O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira presentará os días 28 e 29 de abril o seu espectáculo de debut, Sesión Nº 1, dedicado ao mundo do slapstick, o xénero cómico por definición da era do cine mudo.
Pífano Teatro estreará os días 11, 12 e 13 de maio Winnie son eu, traxicomedia existencial escrita e dirixida por María Armesto que conta con Mela Casal no papel protagonista. Xa en xuño, Gayo Pinheiro –o dúo formado por Clara Gayo e Iria Pinheiro– representará os días 1 e 2 a súa primeira proposta escénica, Área de descanso, inspirada no código do cabaré, e a compañía Obras Públicas proporá aos espectadores 60 minutos de música, fútbol e teatro con O fútbol é así (8, 9 e 10 de xuño).
A oferta escénica inclúe, asemade, a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que terá lugar o 15 de maio no marco dunha nova edición do denominado espazo radioescénico, así como a Ronda Poética. O Batallón Literario da Compañía Femme Fatale, que se desenvolverá no Día das Letras Galegas a modo de teatro da rúa. Tamén no mes de maio, do 21 ao 30, o Salón Teatro repetirá como sede da Mostra Internacional de Teatro Universitario da USC.
Os seguidores da danza contemporánea terán tamén dúas citas neste espazo: a creadora e coreógrafa Mónica García interpretará o 30 e 31 de marzo o só de danza La velocidad de las cosas, mentres que o 4 e 5 de maio a compañía Entremans representará Blondy’s coffee. Peza soa para dúas mulleres.
Canto á música, o grupo Liorna abrirá o 22 de marzo unha nova entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente" que, segundo destacou o director da Agadic, “incide na profesionalización do sector pensando, neste caso, nas empresas discográficas”. Fasero explicou que esta cuarta edición de ST desenvólvese mediante un acordo coas produtoras fonográficas e terá continuidade nas salas da Rede Galega de Música ao Vivo con outros 40 concertos este ano. O responsable da Agadic reivindicou o valor do disco, que a pesar da perda do seu valor comercial nos últimos anos, mantén –asegurou– o seu “valor como elemento de presentación artística”.
Riobó (26 de abril), Borja Cao Trío (10 de maio), Ugía Pedreira&Fred Martins (7 de xuño) e Loaira (14 de xuño) completan o novo cartel de ST Música Presente. Tamén dentro da oferta musical, o Coro da Rá presentará os días 16 e 17 de xuño o seu novo repertorio.
Ademais, o CDG retoma neste mesmo período o programa de formación continua para profesionais da escena da man do autor, actor e director italiano Massimo Malucelli, quen a mediados de abril impartirá o curso "A commedia dell'arte e as técnicas da comedia”, con todas as prazas esgotadas desde o primeiro día de inscrición.
As entradas para asistir aos espectáculos programados no Salón Teatro póñense á venda na súa billeteira, que abre dúas horas antes do comezo de cada representación. O prezo habitual das localidades é de 10 euros, con descontos para determinados colectivos, e de 5 euros para as funcións do domingo, día do espectador. No caso das montaxes Materia prima e 0,7% Molotov, xa está dispoñible a venda anticipada a través do teléfono 902 43 44 43 e da web http://entradas.novagaliciabanco.es.
Fotografía: Xunta de Galicia
R.