Ir o contido principal
iniciar sesión

Más de 50 espectáculos de teatro de títeres llenarán distintos espacios de la capital de Galicia durante el festival Galicreques 2013

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a celebración do Festival Internacional de Títeres Galicreques 2013, que se desenvolverá en distintos espazos da cidade de Santiago entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. A deste ano será a décimo oitava edición do evento, no que participarán 22 compañías con máis de 50 funcións e ofrecerá obradoiros, exposicións e mesas redondas centradas no mundo das marionetas.

Organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, o Galicreques é un dos 9 eventos escénicos subvencionados este ano a través da convocatoria pública de axudas a festivais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da que resultaron beneficiados ademais doutros 8 festivais de música. En concreto, Galicreques resultou adxudicatario dunha subvención de 20.400 euros como contribución ao seu financiamento.

Así o explicou hoxe na presentación do festival Jacobo Sutil, director da Agadic, quen incidiu ademais en que a axuda supón “un recoñecemento importante e merecido ao Galicreques, ao distinguir deste xeito o seu interese xeral, a súa singularidade e a relevancia artística da súa carteleira”. Sutil, que participou neste acto xunto a Jorge Rey, director do festival, e a Víctor Carou, –xerente do Auditorio de Galicia- referiuse tamén á personalidade do evento, por estar “integramente conformado por producións de teatro de títeres, o que o identifica e o dota dunha marca propia dentro do panorama de festivais escénicos galegos”.

“Ademais –engadiu- Galicreques 2013 achéganos valores importantes, que transcenden a mera exhibición escénica, como son contribuír á percepción da realidade do teatro de bonecos en igualdade de condicións que outros formatos escénicos máis estendidos, o intercambio que se establece durante os días de celebración entre profesionais e artistas galegos e doutros puntos de España e do estranxeiro; e mesmo o deseño dun amplo programa de actividades complementarias (obradoiros, exposicións e presentacións) orientadas a crear e manter a afección específica por este xénero teatral”.

Monicreques Cachirulo coas súas montaxes Romance dos Figos de ouro e Cu-cú,Tas-tás, Galitoon con Golulá e distintas intervencións de membros de A Xanela do maxín, The Pinga Teatro, A illas dos nenos, Títeres Alacrán e A Internacional constitúen a representación galega que amosará as súas distintas propostas e técnicas neste festival, para o que compartirán carteleira con outras formacións de fóra de Galicia: Panta Rhei, La Mar de Marionetas, Teatro La Estrella, Juan Catalina, Títeres Larderos,Teatro Arbolé, Los Claveles, Manuel Mansilla, Teatro de Ilusiones Animadas, Chachakün, Los Duendes, La Mona Ilustre, Guiñoleros UAS, Pavel Ortega,Trapusteros Teatro, El submarino invisible del capitán Nemo, El Baúl de la Fantasía, Titiritainas, Títeres Cachiporra e La Canela.

Os escenarios do Teatro Principal, a Zona “C” e a SGAE-Fundación Autor, ademais da prazas do Toural e Praterías e A regadeira de Adela, acollerán as diferentes actividades previstas. Neste último emprazamento, e como novidade este ano, desenvolverase un programa especial de microtíteres, dedicado á exhibición de accións escénicas protagonizadas por bonecos de non máis de 15 minutos de duración. Serán tres os espectáculos que se poderán ver neste local ('Este juego es de adultos', de Rafael Rey e Olalla Suárez; Frida, de Manuela Varela; e 'Los Miserables', de Javier Aranda).

No apartado de actividades paralelas impartiranse un curso de construción de títeres, outro de guións, un obradoiro infantil de construción de teatriños; e poderanse visitar catro exposicións relacionadas co mundo dos títeres. Durante os días de celebración do Galicreques levarase a cabo ademais o Congreso UNIMA (Unión Internacional de Marionetistas) Federación España.


R.