Ir o contido principal
iniciar sesión

Nova Galega de Danza celebra una década sobre los escenarios con el espectáculo Dez

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Nova Galega de Danza na xira do seu novo espectáculo, ‘Dez’, co que a compañía de baile celebra unha década de traxectoria. A produción foi presentada en rolda de prensa no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, onde o 27 de setembro, ás 20:30 horas, inicia o seu percorrido por diversos escenarios de toda Galicia.

A evolución da compañía é o fío condutor deste proxecto co que a Secretaría Xeral de Cultura colabora para que a montaxe poida ser exhibida ante o público galego. Así o asegurou o responsable do departamento, Anxo Lorenzo, que se referiu ao espectáculo como “unha celebración e, ao mesmo tempo, unha revisión da creatividade, do compromiso e do traballo realizado nunha década por Nova Galega de Danza, unha compañía que naceu cunha vocación de innovar e tamén de poñer en valor a nosa rica tradición de baile en Galicia”.

“Agora –engadiu– abrimos o outono con este espectáculo que estará presente en diferentes espazos do noso territorio, cunha perspectiva innovadora da danza tradicional que esperamos que teña unha excelente acollida e que sirva para seguir difundindo o interese artístico do baile e tamén polas nosas expresións patrimoniais”.

Xunto co secretario xeral de Cultura tamén participaron na presentación de ‘Dez’ a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández; o director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz; o director musical da compañía, Pedro Lamas; e Juan Paz, ‘brand mánager’ de 1906 Reserva Especial.

‘Dez’ inclúe 17 pezas con música en vivo que conteñen a tradición galega máis pura xunto con doses de experimentación, vangarda e mestizaxe. ‘Dez’ é unha representación de aproximadamente 90 minutos dividida en dous actos. Coa dirección musical a cargo de Pedro Lamas, a proposta do seu director artístico, Jaime Pablo Díaz e mais outros seis bailaríns e sete músicos xunto co equipo técnico, inclúe no programa de man aplaudidas pezas da compañía como “Ser é terra” ou “Introito”.

A estrea e inicio da xira será o vindeiro venres 27 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas, no ciclo TRCdanza 2013. As entradas están á venda en televenda 902 504 500/ www.servinova.com, na Praza de Ourense ou no despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro os días das funcións, de 12:00 a 14:00h e 18:00 a 20:00 horas ao prezo de 13 euros.

A xira tamén inclúe actuacións noutros territorios da xeografía galega, como Santiago de Compostela, o 15 de outubro; en Vilagarcía de Arousa, o 2 de novembro; en Narón, o 14 de novembro; e en Ourense, o 21 de decembro. O calendario pode consultarse na páxina web da compañía, en www.novagalegadedanza.com.

Fotografía:
R.