Ir o contido principal
iniciar sesión

Unos 80.000 alumnos de ESO en Galicia participan en una encuesta sobre el uso de Internet

Los casi 80.000 alumnos de educación secundaria en centros públicos y concertados de Galicia participarán en una encuesta "pionera" sobre el uso de Internet y las nuevas tecnologías por parte de los adolescentes, a fin de detectar conductas de riesgo o situaciones conflictivas como, por ejemplo, el ciberacoso y el "sexting" -envío de contenido pornográfico-. Lo han anunciado el valedor do Pobo, José Julio Fernández, el conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, el rector de la Universidad de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, y la directora de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, que han firmado un convenio para su desarrollo.

El carácter "pionero" de esta encuesta reside en que contará con datos de la totalidad de los escolarizados en Galicia entre 12 y 16 años -salvo los matriculados en centros privados-, en lugar de centrarse únicamente en una muestra de esta población. De hecho, el propio valedor ha destacado que se trata de un proyecto "ambicioso", puesto que sólo una zona de California, un land alemán y un área de Tokio han puesto en marcha iniciativas similares. "Es una novedad mundial", ha enfatizado, antes de señalar el carácter anónimo y confidencial de las respuestas de los estudiantes.

La encuesta se llevará a cabo online en el mes de junio a través de los ordenadores de los centros escolares. El tiempo que transcurra hasta entonces lo utilizará la Amtega para crear la herramienta informática que dé soporte al cuestionario diseñado por el equipo de la USC que lidera el profesor Antonio Rial, que también se encargará del análisis de los datos.
El titular de Educación ha resaltado que esta herramienta de 11 preguntas sobre el uso de Internet por parte de los adolescentes gallegos permitirá profundizar en los programas de prevención de riesgos en el uso de la Red.
"Queremos reducir los peligros a la mínima expresión", partidario de "un uso responsable" de las "oportunidades" que ofrecen las nuevas tecnologías.

Tras resaltar que Galicia ha sido la "primera" comunidad en legislar sobre el ciberacoso, el conselleiro ha considerado que esta encuesta es "una pieza clave" en favor de la mejora de la convivencia en las aulas. Y es que, según sus propias palabras, el "bajo nivel" de Galicia en materia, por ejemplo, de ciberacoso, no puede llevar a las administraciones a "obviar" que existe "una posibilidad real de perturbación de la convivencia en los centros".
Preguntado al respecto, ha desvelado que sí hay casos de ciberacoso en colegios e institutos gallegos, si bien ha apelado a la necesaria protección de los menores para no dar más datos. "Siempre hay alguna cuestión puntual", ha indicado el conselleiro, a lo que ha añadido que Galicia no refiere "datos alarmantes". En todo caso, ha sostenido que "uno" sólo ya es "motivo de preocupación", puesto que su objetivo es intentar reducirlos a "cero".

Mar Pereira ha advertido de que, si bien Internet "aporta muchas cosas positivas", también "abre la puerta a riesgos que hay que conocer y gestionar". Precisamente por ello, ha valorado la encuesta al alumnado de ESO, puesto que permitirá "un conocimiento y una diagnóstico exhaustivo de la realidad". En palabras del profesor Antonio Rial, se trata de "utilizar la tecnología para velar por su uso responsable".

El rector de la USC ha defendido que la "responsabilidad" de la universidad es "utilizar el conocimiento para la mejora de la sociedad", al tiempo que ha destacado la "importancia" del estudio. El último trabajo del Valedor do Pobo, la USC y la Xunta sobre el comportamiento de los menores con la tecnología data de 2011. Según ha recordado el conselleiro de Educación, ese estudio refleja que un 15 por ciento de los adolescentes gallegos podrían estar haciendo "un uso poco recomendable" de Internet. Y ese "riesgo", ha proseguido, puede aumentar en la misma medida que aumenta el acceso a la Red desde diferentes dispositivos, como móviles o tabletas, además de los ordenadores.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Nos vindeiros meses porase en funcionamento unha plataforma en liña para recompilar datos reais sobre o uso que os adolescentes galegos fan das novas tecnoloxías. Este é o obxectivo do convenio de colaboración asinado entre o Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez; o reitor da Universidade de Santiago, Juan José Casares Long; o profesor titular da USC, Antonio Rial Boubeta e, por parte da Xunta de Galicia, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

Segundo explicou Vázquez Abad, esta ferramenta é unha peza clave da estratexia que a Consellería de Cultura e Educación está a desenvolver en prol da mellora da convivencia nas aulas. Neste sentido lembrou que, ao abeiro da normativa desenvolvida polo seu departamento, Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en regular por lei o ciberacoso, elaborando ademais un protocolo no que se recolle ao mesmo tempo o seu tratamento facilitando o principio de protección á vítima desde o primeiro momento; así como un decreto de convivencia no que se establece que cada centro debe describir no seu Plan de Convivencia medidas ou programas a desenvolver para favorecer a convivencia, en cuestións específicas como pode ser o propio ciberacoso. “É dicir, que estamos a dar resposta a unha situación que ata o momento non estaba recollida en ningunha normativa, pero que non se pode obviar por ser unha posibilidade real de perturbación da convivencia nos centros educativos”, salientou.

A nova ferramenta, sinalou, vai ter como fonte os datos recollidos nos centros educativos galegos que imparten secundaria, unha información que vai permitir afondar nos programas de prevención de riscos no uso da rede. “Queremos reducir estes perigos á súa mínima expresión, sendo ao mesmo tempo un programa de detección e de concienciación da necesidade de facer un uso responsable das posibilidades que ofrece a rede”, salientou o conselleiro.

A plataforma informática, que será desenvolvida pola Xunta a través da Amtega, permitirá recoller por medio dunha ferramenta en liña datos en todos os centros de educación secundaria de Galicia acerca do uso que os menores, en especial os adolescentes, fan de internet e as novas tecnoloxías, garantido en todo momento o seu anonimato e confidencialidade. O obxectivo é que o instrumento estea ao alcance de todos os centros no presente ano académico cara a poder xa obter os primeiros resultados antes de que remate o ano.

O proxecto supón un punto e seguido nos traballos que o Valedor do Pobo vén desenvolvendo desde o ano 2011 para concienciar da necesidade de vixiar os comportamentos, ás veces arriscados, dos menores para coas tecnoloxías. Desde entón xa colaborou coa Xunta de Galicia e investigadores da USC na elaboración, en primeiro termo, dun informe (o máis completo coñecido ata o de agora) acerca dos hábitos e usos dos mozos para cos sistemas máis recentes e, nun segundo termo, no deseño dun modelo sinxelo de captación de datos para obter con fiabilidade e rigor resultados que permitan fixar índices reais de perigo, ciberdependencia, ciberacoso e usos complicados da rede e os diferentes dispositivos.

Coa sinatura do convenio de hoxe dáse forma a esa segunda parte do proxecto materializándose unha ferramenta real de monitoreo de tales actitudes en tempo real, o que permitirá coñecer os focos necesitados de atención e mesmo deseñar políticas de prevención.

O Valedor do Pobo liderará o proxecto e encargarase do asesoramento técnico-xurídico necesario para o seu desenvolvemento, en concreto sobre aspectos que poden gardar relación coa protección de datos ou dos menores. Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria encargarase de sensibilizar e formar aos profesionais educativos para que fagan uso da ferramenta e poñan en valor este sistema desde o seu papel de chanzos na cadea de transmisión de valores e educación dos adolescentes. A Amtega é a encargada xunto cos técnicos da Universidade de Santiago do desenvolvemento da aplicación informática e da súa posta en funcionamento e do seu mantemento.

Segundo sinalou a directora da Amtega, esta Axencia é a encargada, coa colaboración dos técnicos da Universidade de Santiago, do desenvolvemento da aplicación informática, da súa posta en funcionamento e do seu mantemento.

Mar Pereira sinalou que a aplicación incluirá unha interface de entrada de datos que posibilitará a recollida on-line de información dos centros. En base a esta información a USC elaborará os estudos relativos ao uso que das novas tecnoloxías fan os rapaces e rapazas galegas, a través de indicadores que contan cun niveis elevados de fiabilidade, validez, sensibilidade e especificidade, froito dun amplo traballo científico.

Así mesmo, durante o proceso de recollida de datos, a Amtega proporcionará aloxamento tanto a ferramenta como dos datos no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia, garantindo a seguridade e confidencialidade da información obtida.
R.