Ir o contido principal
iniciar sesión

Centenares de artículos y documentos científicos, disponibles en acceso libre a través del repositorio Minerva de la USC

Un escaparate hacia la producción científica y la investigación. El nuevo repositorio online Minerva de la Universidade de Santiago de Compostela ya está en activo para emprender su apuesta por la difusión del conocimiento a partir de una filosofía de acceso abierto, albergando y permitiendo la consulta libre a través de la red de cientos de artículos y documentos digitalizados.

Esta plataforma da cumplimiento a la Ley de Ciencia, Tecnología e Innovación y a la Declaración de Berlín sobre el Acceso Abierto al Conocimiento en Ciencias y Humanidades, apoyada por la propia institución académica compostelana, e integrará la producción científica de la USC.

Minerva facilita la difusión de resultados de investigación e incrementará su "impacto" y "visibilidad", según ha explicado la directora de la Biblioteca Universitaria de Santiago, Isabel Casal, permitiendo que sean indexados en motores de búsqueda como Google y así incrementar las posibilidades de ser citados. Sobre todo, uno de los cambios fundamentales respecto a recursos previos será la capacidad de auto archivo y la posibilidad de que el personal registrado pueda subir su propia producción y asegurando, además, "la preservación futura" de los textos. Esto podría ser desde artículos en revistas, monografías o trabajos de fin de grado o máster, entre otras, como lecciones inaugurales.

El servicio está organizado en cinco comunidades, que son Biblioteca Universitaria, I+D+i, Docencia e innovación educativa, Institucional y Archivo Histórico Universitario, cada una con sus propias subcomunidades temáticas. Actualmente están disponibles 1.143 tesis de doctorado, unos 5.000 archivos de revistas publicadas por la USC y 4.000 fondos bibliográficos patrimoniales. Los futuros archivos tendrán que estar en formato digital y producidos por personal docente e investigador de la universidad, ya preparado para su difusión y dispuestos a conceder a la institución el derecho no exclusivo de preservar y difundir su trabajo. Según ha precisado Casal, y a pesar de que se admiten multitud de formatos digitales, se recomienda el uso de formatos no propietarios como PDF, JPG y MP3/MP4.

En rueda de prensa, el rector de la USC, Juan Casares Long, ha destacado que esta nueva herramienta representa un "ejercicio de transparencia" y de "democratización del conocimiento", además de beneficiar a la difusión de la investigación y la docencia de esta universidad. Sobre todo, ha señalado que es necesario "poner en valor" la producción propia en este "sistema de globalización" en el que se mueve la sociedad, destacando lo que se produce a nivel local y llevándolo a todo el mundo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela (USC):

A produción científica da USC estará accesible nun único punto en acceso aberto a través do repositorio institucional Minerva no que se poderán consultar as coleccións bibliográficas dixitalizadas e a produción investigadora e docente dos membros da institución docente compostelá. Minerva alberga, preserva a difunde por esta canle os documentos dixitais resultantes das actividades de investigación e docencia da USC. O reitor Juan Casares presentou as particularidades do repositorio institucional nunha rolda de prensa no Colexio de San Xerome.

Minerva será un escaparate e unha aposta pola difusión do coñecemento en Acceso Aberto, dando cumprimento así ao sinalado pola Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación e a Declaración de Berlín sobre Acceso Aberto ao Coñecemento nas Ciencias e as Humanidades. O cambio fundamental con respecto ao recursos previos será a transición a un sistema de autoarquivo que pon o acento no/a usuario/a , xa que o persoal rexistrado poderá subir ao repositorio a súa produción científica e darlle máis visibilidade. Esta é unha iniciativa que promove o acceso libre e gratuíto á literatura científica e académica como medio para mellorar o sistema de comunicación científica e o acceso ao coñecemento.

O desenvolvemento do repositorio Minerva dá un salto cualitativo na integración da produción científica da USC, facilita a difusión de resultados de investigación, incrementa o impacto e a visibilidade das publicacións e traballos científicos, garante a preservación e conservación a longo prazo da produción intelectual universitaria, incentiva o uso da produción científica propia e ofrece servizos de valor engadido a través do emprego de estándares internacionais.

Inicialmente estará organizado en cinco grandes comunidade: Biblioteca Universitaria, I+D+i, Docencia e innovación educativa, Institucional e Arquivo Histórico Universitario, que á súa vez se organizarán en subcomunidades temáticas que agrupan os seus contidos en coleccións. Na actualidade xa están dispoñibles preto de 1.200 teses de doutoramento (239 defendidas en 2013), aproximadamente 5.000 artigos de revistas publicadas pola USC e 4.000 fondos bibliográficos patrimoniais. A partir deste punto, estas cifras seguirán incrementándose ao fío da propia actividade universitaria nun exercicio de transparencia e responsabilidade social que vén democratizar aínda máis o coñecemento, sinalou o reitor na presentación.

Como explicou a directora da Biblioteca Universitaria de Santiago (BUSC), Isabel Casal, o repositorio alberga toda clase de materiais académicos, científicos e institucionais sempre que estean en soporte dixital; sexan producidos por persoal docente e investigador da USC, persoa que desenvolva actividades nesta mesma Universidade ou persoal emérito e xubilado; o material deberá estar preparado e completo para a súa difusión, e os/as autores deberán estar dispostos a conceder á USC o dereito non exclusivo de preservar e difundir o seu traballo. Aínda que se admiten multitude de formatos dixitais, recoméndase a utilización de formatos non propietarios, como PDF (para os textos), JPG (para as imaxes) e Mp3/Mp4 (para audio). Poderá depositar material todo o persoal da USC rexistrado previamente como usuario de Minerva e que teña autorización.

Minerva cumpre con todos os estándares de metadatos e protocolos de interoperabilidade e está recollido polos directorios e recolectores nacionais e internacionais máis importantes entre os que se atopan Driver, Oaister, Recolecta, Hispana, Europeana, TDR, Roar, e Opendoar.

O repositorio é un proxecto transversal desenvolvido polas vicerreitorías de Investigación e Innovación e de Estudantes, Cultura e Formación Continua, a través da Biblioteca Universitaria, o Servizo do Publicacións e Intercambio Científico e a Area TIC, coa colaboración do Arquivo Histórico Universitario e o Centro de Tecnoloxías da Aprendizaxe. A BUSC será a xestora principal do repositorio, proporcionando asesoramento e axuda no proceso de autoarquivo e continuará a introducir fondos propios e aqueles traballos fin de grao e máster seleccionados polas comisións académicas correspondentes. Pola súa banda, o Servizo de Publicacións continuará introducindo parte da súa produción e todas as teses defendidas na USC.

A USC, na súa liña estratéxica de aposta decidida polo software libre, elixiu coma tecnoloxía base para Minerva o proxecto de código aberto Dspace (http://www.dspace.org), proxecto recoñecido entre as mellores solucións existentes neste ámbito.

Na presentación participaron ademais os vicerreitores Francisco Durán e Francisco González; o director da Área TIC. Andrés Freire; o director do Servizo de Publicacións Juan Blanco; e a director do CeTA, Beatriz Cebreiro.
R.