Ir o contido principal
iniciar sesión

El Gobierno gallego incentivará a las empresas que contraten a jóvenes ni-ni y potenciará la formación dual para adquirir experiencia laboral

El Gobierno gallego ha analizado un plan de empleo juvenil dotado con 100 millones de euros hasta 2015 y que aspira a beneficiar a unos 95.000 menores de 30 años y en situación de desempleo, muy centrado en la formación. De hecho, entre sus principales medidas se encuentran la de potenciar los contratos duales e incentivar por primera vez, en palabras de la conselleira de Traballo, Beatriz Mato, el fichaje de "jóvenes 'ni-ni'", es decir, que "no estudian ni trabajan".

La conselleira Beatriz Mato, que compareció tras el Consello de la Xunta con el presidente Alberto Núñez Feijóo, ha destacado que se "reforzará" la apuesta por el contrato de formación dual, dirigido a menores de 30 años y que permitirá a los beneficiarios acceder a experiencia laboral con un salario acorde con el convenio colectivo. Simultáneamente, la empresa ofrecerá formación certificada correspondiente a un periodo "nunca inferior al 25% del tiempo de trabajo". La conselleira ha destacado que en 2013 fueron 85 las personas que obtuvieron un contrato de este tipo y ha apostado por plantear "mejoras" y potenciar su difusión, toda vez que la Xunta difundirá una orden que recoge "expresamente" la decisión voluntaria de la Administración de subvencionar "el cien por cien" de la formación que reciban los jóvenes contratados por esta vía. No en vano, Traballo prevé la puesta en marcha de un nuevo incentivo para apoyar el contrato de formación y aprendizaje consistente en hasta 100 euros mensuales con un máximo de 12 mensualidades.

Entre las medidas más "novedosas", ha indicado también que el nuevo programa de la Xunta "ofrecerá a los 'ni-ni' gallegos inscritos en el Servicio Público de Empleo una atención personalizada" y que, por primera vez, se incentivará su contratación. De hecho, se contempla una ayuda de 200 euros al mes durante periodo máximo de un año para las empresas que contraten a jóvenes con este perfil. En el paquete de 19 medidas que incluye el plan está también la regulación de prácticas laborales para jóvenes cualificados (universitarios o con títulos de formación profesional). Dichas prácticas se financiarán durante nueve meses. Asimismo, en el ámbito del empleo autónomo se crea una línea específica para los autónomos menores de 30 años, subvencionando también aquellos autónomos jóvenes cuya actividad económica no conlleve una inversión en activo fijo.

Se crea, también, el programa "Xuventude coop", basado en un conjunto de actuaciones especialmente dirigidas a la juventud para le fomento del emprendimiento cooperativo como salida laboral. La Xunta reforzará el programa de formación específico para jóvenes con baja cualificación, tendiente a la obtención de los certificados de profesionalidad y a la realización de cursos de competencias clave. Al margen de la formación y contratación, también se abordarán acciones ligadas al emprendimiento como las ayudas para la creación de pequeñas y medianas empresas (pymes), las becas formativas para realizar proyectos de mejora de las pymes u otras de promoción exterior y de trabajo de gestores 'Igapex' en internacionalización', entre otras.

Feijóo ha reiterado que los indicadores económicos y de paro juvenil en Galicia son "mejores" que en el resto de España, pero aún así ha confesado que el desempleo en la comunidad "no es razonable de ningún modo" y que la situación particular que, en dicho ámbito, viven los jóvenes, no es "admisible". "En los últimos años hay mucho trabajo hecho, pero no logramos los resultados que quisiéramos", ha reconocido el mandatario autonómico, quien ha remarcado que este plan supone "una hoja de ruta específica" para que los jóvenes gallegos tengan "más fácil" encontrar "un hueco en el mercado laboral" y "acompañar" así el "pequeño repunte" que se espera en la economía.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na rolda de prensa do Consello a aprobación do Plan de emprego xuvenil 2014-2015 que, dotado con 100 millóns de euros nos próximos dous anos, beneficiará a máis de 95.000 mozos e contará cun paquete de 19 medidas para facilitar a súa inserción laboral a través de tres eixos fundamentais: a formación, a contratación e o emprendemento. “Unha folla de ruta específica -dixo- para procurar que os mozos e mozas galegas teñan un pouco máis fácil atopar un traballo, é dicir, un oco no mercado laboral”.

Tal e como avanzara a principios desta mesma semana, Feijóo subliñou que se trata dunha actuación necesaria para abordar de forma específica un dos datos máis preocupantes da crise económica, como é o paro xuvenil que, segundo dixo, aínda que non son cifras “razoables”, en Galicia é cinco puntos inferior á media do resto de España.

Nesta liña, destacou que, con carácter xeral, a maioría dos indicadores de Galicia se atopan nunha posición menos mala que no conxunto de España. Así, apuntou que a taxa de desemprego na Comunidade Autónoma é catro puntos inferior á media do resto de España; que no ano 2013 o paro rexistrado reduciuse en 10.000 persoas, e que Galicia é a comunidade autónoma onde máis se incrementou o índice de produción industrial. Ademais, sinalou que, a data de novembro, as exportacións situáronse tres puntos por riba do promedio estatal e o endebedamento da nosa comunidade é 3 puntos inferior á media.

Feijóo subliñou que o programa presentado hoxe é “un plan concreto para os mozos e as mozas galegas, que non só os mantén como prioritarios nos accesos ás distintas fórmulas de axudas e incentivos á contratación da Xunta de Galicia, senón que debuxa unha folla de ruta específica para a mocidade galega que non atopa traballo”, asegurou.

Unha xuventude mellor formada e con máis oportunidades laborais
Ao fío disto, o responsable do Goberno autonómico avogou por afondar no eido da formación, e puxo como referencia os datos que acreditan que máis de 28.000 mozos e mozas menores de 30 anos ou non teñen ningún tipo de formación ou só teñen estudos primarios. Por iso, avogou pola necesidade de traballar “de forma concreta e específica” fronte a este escenario cara ao que se dirixe o plan, que pretende concretar obxectivos para mellorar a capacidade dos mozos de poder atopar un emprego.

Segundo relatou, a metade das accións deste programa están, polo tanto, dirixidas ao fomento da formación; accións que aglutinan case o 75% do orzamento do proxecto e que completarán o camiño realizado nestes últimos anos nos que a preparación para o emprego da xente nova ten sido un dos eixes esenciais das políticas da Xunta nesta materia.

O presidente autonómico destacou, tamén, a necesidade de seguir incentivando a contratación dos mozos e mozas menores de 30 anos. “Hai que promover que as nosas empresas poidan apostar por eles e conten cos mellores profesionais”, aseverou, despois de precisar que o plan aposta por novos mecanismos neste eido como: os incentivos á contratación de mozos que nin estudan nin traballan, ou os contratos de formación dual que ofrecen un contrato nunha empresa cun salario acorde ao convenio colectivo.

No tocante ao emprendemento, Feijóo garantiu o apoio aos autónomos, aos emprendedores e ás cooperativas de xente moza. “Desde a Xunta temos feito do emprendemento do traballo autónomo un piar da nosa política activa de emprego”, aseverou e, neste sentido, precisou que o Plan de emprego xuvenil recolle unha serie de medidas como a nova Orde para autónomos menores de 30 anos, as axudas para a creación de pemes, ou as accións formativas en ferramentas de creación e xestión de empresas.

Así mesmo, precisou que a estratexia presentada hoxe avoga, tamén, pola fórmula do cooperativismo. Ao respecto, lembrou que desde 2009 en Galicia se crearon 255 cooperativas onde traballan preto de 5.000 persoas. Feijóo resaltou que, neste eido, a nosa será unha das primeiras comunidades autónomas en contar cunha Lei de economía social que, como novidade, recollerá a creación da cooperativa xuvenil.

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención incidindo en que este Plan de emprego xuvenil está deseñado para que nos anos nos que se poida iniciar un tenue repunte do crecemento económico, que será probablemente máis sólido no ano 2015, se acompañe á mocidade cun plan de emprego específico, especialmente para aqueles mozos con máis baixa cualificación, que “son os que máis axuda e máis incentivo necesitan”, asegurou.

Actuacións prioritarias para os mozos con máis baixa cualificación
Pola súa banda, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, insistiu en que ese é o obxectivo prioritario deste plan posto que, “as estatísticas indican que son os mozos con menor formación os que máis dificultades están a atopar para a súa inserción laboral”, concretou.

Durante a súa intervención, a responsable de Traballo e Benestar fixo tamén fincapé nas novas medidas que se poñen en marcha ao abeiro deste plan: a atención preferente aos mozos que nin estudan nin traballan, así como os novos incentivos á contratación dirixidos a este mesmo colectivo; a formación de desempregados de baixa cualificación en centros educativos; a regulación de prácticas laborais para mozos cualificados; e o deseño de programas específicos para fomentar o emprendemento e o cooperativismo entre a mocidade. A maiores, e ata completar as 19 actuacións recollidas no plan, executaranse outras medidas relacionadas co emprendemento, as bolsas formativas ou a internacionalización.

Dado que este programa busca beneficiar especialmente aos mozos e mozas con escasa ou nula cualificación, a formación é un dos seus eixos principais. Dentro desta liña de actuación, Mato destacou a formación para mozos sen cualificación, que lles permitirá obter certificados de profesionalidade; ou o contrato de formación dual, que permiten combinar un traballo (con salario acorde ao convenio colectivo) e unha formación específica, que supera o 25 por cento da xornada. Puxo en valor, tamén, a formación para desempregados en centros educativos, que se pon en marcha grazas a un acordo entre as Consellerías de Traballo e Educación; e o programa de atención preferente no Servizo Público de Emprego a mozos que nin estudan nin traballan, a través do que se lles deseñará un itinerario individual que combinará orientación, acompañamento e formación.

Ademais, o documento aprobado hoxe inclúe medidas orientadas especificamente á contratación, como son os incentivos á contratación (incorpóranse como novidade uns específicos destinados aos mozos que nin estudan nin traballan); as prácticas de mozos cualificados en empresas, que durarán uns 9 meses; e o apoio aos autónomos a través dunha orde específica destinada á xuventude, no que as subvencións oscilarán entre os 6.000 e os 10.000 euros; un 10% máis que as axudas ordinarias ao colectivo de autónomos. Tamén se impulsará entre a xuventude o cooperativismo, unha fórmula que está demostrando unha especial resistencia á crise económica.

Ademais, Mato resaltou a continuidade e impulso doutras medidas relevantes. No eido da cualificación, salientou a formación profesional dual e a modular; e a formación de mozos sen cualificación a través de iniciativas como os programas de cualificación inicial. Ademais, no ámbito do emprendemento, tamén se dá continuidade a actuacións como a rede galega de viveiros d empresa en centros educativos; as axudas para a creación de PEMES; as bolsas formativas para realizar proxectos de mellora nas pemes; as accións formativas de titorización en emprendurismo; ou as accións formativas en ferramentas de creación e xestión de empresas. Xa por último, no que se refire á internacionalización, destacou as bolsas de promoción exterior, así como as bolsas de traballo e a contratación de xestores en internacionalización.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz nacional, Xavier Vence, chamou a atención sobre a incoherencia do presidente da Xunta que apoia a estratexia do PP de recortar a educación pública cunha lei privatizadora e clasista como a LOMCE é ao tempo atribúa as altas taxas de paro xuvenil a unha deficiente formacións da xente nova.

Neste sentido, o Plan de emprego xuvenil aprobado hoxe co que se pretende beneficiar a 95.000 mozos e mozas menores de 30 anos foi definido por Vence coma “unha operación de maquillaxe que consiste en facer contratos de formación ou en prácticas a xente nova durante apenas uns meses para que deixen de figurar nas listas do desemprego, ás que volverán pasado ese breve período de tempo, posto que a política de recortes do PP seguirá afogando a recuperación económica e a creación de posto de traballo”.

En definitiva, “o obxectivo non é crear emprego senón para baixar puntualmente as cifras de desemprego xuvenil, que acada o 52% entre os menores de 30 anos, con fins electorais, posto que a medida se adopta a tres meses dos comicios europeos de maio. As persoas en formación non computan no paro o que permite recortar por esta vía a taxa de paro na mocidade xusto antes das eleccións”, explicou

Vence fixo esta valoración do plan aprobado por Feijóo no Consello da Xunta ao tempo que apoiaba a manifestación estudantil convocada contra a Lei Wert. Ás políticas de recorte do PP non deixan marxe para a xente nova, argumentou, con taxas de paro inasumibles e unha emigración masiva da mocidade galega desde o inicio da crise, “situación que se agravará coa LOMCE, unha lei educativa que cualifica de clasista, retrógrada, privatizadora e inconstitucional”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
R.