Ir o contido principal
iniciar sesión

La Xunta suspende temporalmente el Xuventude Galicia Net. Ticsenior 2014 acerca las nuevas tecnologías a los mayores

La Xunta suspende temporalmente la celebración de la "party" informática Xuventude Galicia Net por la rebaja presupuestaria, que ha llevado a la Consellería de Traballo e Benestar a dar prioridad a partidas vinculadas al empleo juvenil y a la conciliación. Fuentes del departamento que dirige Beatriz Mato han confirmado que el evento queda cancelado de forma temporal, aunque podría ser retomado en otros ejercicios si existe disponibilidad presupuestaria.

La consellería ha optado por priorizar partidas para programas de educación no formal vinculada al empleo juvenil y para actividades de conciliación como los campamentos de verano. Al Xuventude Galicia Net, que el año pasado alcanzó su XIV edición, acudieron en 2013 unos 8.000 jóvenes, según el balance del Gobierno gallego. Habitualmente, el encuentro, centrado en la informática, se celebraba a mediados de abril o inicios de mayo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago acolle o venres 4 de abril a xornada "Ticsenior 2014" coa que colabora a Consellería de Traballo e Benestar para acercar as novas tecnoloxías ás persoas maiores. Para a organización deste evento, o departamento autonómico asinou un convenio coa Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga). O obxectivo da iniciativa é acadar unha maior integración das persoas maiores no seu entorno próximo e incluso global, así como a promoción do voluntariado do maiores como un dos elementos principais do envellecemento activo.

Nesta xornada, entre outros profesionais, participa a presidenta e fundadora do Grupo Catalina Hoffmann, Catalina Hoffmann, quen é un referente profesional no sector da Terceira Idade. A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, mantivo hoxe con ela un encontro previo á xornada no que puideron intercambiar experiencias e actuacións no eido da prevención da dependencia e promoción do envellecemento activo.

Piñeiro fixo especial fincapé na ‘Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia, horizonte 2020’, que recolle 400 propostas ou medidas para previr a dependencia e promover o envellecemento activo. Esta folla de ruta da Consellería de Traballo e Benestar o que pretende é, segundo explicou Piñeiro, “impulsar programas que manteñan en activo ás persoas, que lles permitan permanecer no seu entorno e que fomenten a participación dos maiores,así como as súas relacións sociais a través de programas de ocio, entre outras medidas”.

A presidenta e fundadora do Grupo Catalina Hoffmann participará mañá na xuntanza como poñente, centrando a súa intervención no ‘Método Hoffmann’, unha nova ferramenta para o envellecemento activo. Trátase dun sistema de coidado e atención personalizada que ten en conta as áreas físicas, psíquicas, cognitivas e sociais. A actividade deste grupo está inspirada e orientada ás persoas maiores e ás súas familias.

R.