Ir o contido principal
iniciar sesión

El dúo Fetén Fetén presenta los temas de Bailables en el ciclo Sons'14

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será o escenario o venres día 30 de maio, ás 20.30 horas, do concerto no que Fetén Fetén presentará en directo os temas de ‘Bailables’, o seu novo traballo discográfico. O dúo burgalés de música folk chega a Compostela como parte do cartel do ciclo Sons’14 que organiza o Concello de Santiago.

O grupo do violinista Diego Galaz e do acordeonista Jorge Arribas, ex integrantes ambos da mítica banda La Musgaña e colaboradores habituais de destacados artistas do panorama estatal, ofrece un directo inspirado nos salóns de baile, nas sesións vermú e nas festas populares. Trátase, en definitiva, de música para bailar destinada a todos os públicos e baseada nos ritmos de sempre: valses, boleros, pasodobres, xotas, tangos, rumbas, fox trot, chotis, chachachás...

Como músicos polifacéticos, Galaz e Arribas incorporan ao seu espectáculo ao vivo unha chea de instrumentos insólitos, como o violín-trompeta, o vibrandoneón, o serrucho ou o metalófono, que interpretan xunto co violín, o acordeón, a mandolina e a frauta. Nos directos acompáñaos, ademais, o percusionista Diego Martín.

‘Bailables’ é o segundo álbum de Fetén Fetén, tras a edición en 2011 do seu disco de debut homónimo. Dábase a coñecer daquela o proxecto musical que estes novos músicos comparten desde 2009 co obxectivo de poñer banda sonora ás súas influencias e recordos. Así, as súas composicións orixinais ofrecen unha ruta pola memoria das raíces e tradicións, sen esquecer outras das súas preferencias musicais. Botan así man de sons mediterráneos, ritmos do Leste de Europa e influencias da música castelá como ingredientes claves da súa traxectoria.

As entradas para o concerto deste venres no Salón Teatro poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18.00 a 21.00 horas. No Salón Teatro estarán dispoñibles o día da actuación deste as 18.30 horas.
R.