Ir o contido principal
iniciar sesión

El Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá promueve la 36ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo entre el 15 y el 20 de septiembre

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:

A praza de San Marcos foi o escenario do arranque da Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo cunha representación a cargo de Achádego Teatro. Ao acto de presentación desta 36ª edición, que se desenvolve entre o 15 e o 20 de setembro, asistiu o responsable de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, xunto a directivos do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, que organiza a Semana de Cine de Lugo.

A edición deste ano rende homenaxe, entre outros, a Manuel Lourenzo, o actor e escritor mariñán do Valadouro a través da proxección da película El baile de las ánimas. Outra das novidades é un novo ciclo dentro do festival, titulado ‘Arte e Cine’, na que se proxectarán 4 peliculas: Passión, Caravaggio, El Arca Rusa e El Grego. Estas proxeccións terán lugar no Museo Provincial os días 16, 17, 18 e 19 de setembro ás seis da tarde.
A 36ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo comezou a súa andaina no 1978 e, desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita imprescindíbel para os cinéfilos que poden mergullarse no mundo do cine e homenaxear aos lucenses vencellados coa sétima arte. Nesta ocasión, proxectaranse máis de 80 películas, que se enmarcan en 8 seccións diferentes, como a ‘Sección infantil’, ‘O mellor do ano’ e ‘Sección oficial’, cuxas proxeccións terán lugar no auditorio Gustavo Freire; a sección ‘E para comer... Lugo’, que se pasará na Biblioteca Provincial; ‘Arte e Cine’, que terá lugar no Museo Provincial, ‘Colleita Dourada’, que se pasará no salón de Actos da Deputación; ‘Homenaxes’, que terá lugar no salón de actos de Caixa Galicia; ou a ‘As Curtas tamén son Cine’ que se proxectará no Vicerreitorado da USC.

Durante a súa intervención Mario Outeiro afirmou que “estamos ante un clásico, a sétima arte, que temos a fortuna de disfrutar na provincia de Lugo grazas ao esforzo do grupo Fonmiñá, un grupo formado por moitas persoas que traballan arreo ao longo de todo o ano para ofrecernos esta semana de cine que nesta ocasión cumpre 36 anos”.

“Dende a área de Cultura da Deputación de Lugo estamos moi orgullosos de colaborar non só economicamente con esta Semana Internacional do Cine de Autor de Lugo, senón tamén prestando as instalacións para as súas proxeccións como o salón de actos deste Pazo de San Marcos ou o Museo Provincial de Lugo, onde poderemos disfrutar dunha semana de cinema que non está nas salas comerciais pero que nos ofrece un cinema de calidade no que se atopan películas premiadas en diversos festivais a nivel internacional”, concluíu o responsable de Cultura da Deputación.

No transcurso da presentación, Mario Outeiro explicou que “por traxectoria, repercusión e poder de convocatoria entre a poboación, dende a área de Cultura continuamos a apoiar a celebración da Semana Internacional de Cine de Autor; xa que as iniciativas culturais non deben deixar de celebrarse por mor da crise, aínda que outros gobernos como a Xunta de Galiza empreguen a situación económica como escusa para abandonar a promoción da cultura do noso país”. A área de Cultura da Deputación aporta este ano 38.000 euros para a organización da Semana de Cine.

Pero a colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo con este evento vai máis alá do mero apoio económico, e tamén colabora co mesmo prestando as súas instalacións para as proxeccións como o salón de actos do Pazo de San Marcos ou o Museo Provincial de Lugo.

Xunto ao responsable de Cultura da Deputación, na presentación de hoxe estiveron presentes Xulio Xiz Ramil e Manuel Curiel, presidente e directivo, respectivamente, do colectivo organizador da Semana de Cine; así como representantes das demais entidades colaboradoras.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias

Más información: http://www.fonmiña.es/presentaci%C3%B3n-semana-de-cine-2014/2014
R.